Amosando publicacións coa etiqueta Creatividade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Creatividade. Amosar todas as publicacións

xoves, 17 de marzo de 2022

SEMANA DA PRENSA 2022

Durante a semana da prensa traballamos nas aulas  o espírito crítico do noso alumnado fomentando desde idades temperás a análise da información á que estamos expostos como sociedade. Nestes días  que tivemos os xornais nas aulas aprendemos, traballamos, cooperamos e,  sobre todo,  divertímonos!
💙📺💻📱📰📻



Os nenos e nenas de 3  anos tamén  estivemos traballando coa prensa, vimos as partes dun xornal impreso e tamén a súa versión web.  Para esta manualidade utilizamos as tesoiras por primeira vez e no anaco do centro fixemos un debuxo de nós mesmos, traballando así o esquema corporal.

💚📰💻



martes, 1 de febreiro de 2022

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 Esta semana  participamos na conmemoración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia, tod@s xunt@s aprendemos a respectarnos e querernos coas nosas diferenzas e semellanzas. Compartimos os nosos  traballos e deixámosvos o enlace á canción sobre a que traballamos este ano para resaltar esta data.   Grazas ao Equipo de    actividades complementarias e extraescolares e ao Equipo de Convivencia Escolar. ☮💙☮

3 anos

4 anos

4 anos

5 anos



luns, 20 de decembro de 2021

TALLERES E CONMEMORACIÓNS 1º TRIMESTRE

 Ao longo deste 1º trimestre foron moitas as actividades que fixemos en torno a diferentes temáticas: días sinalados, conmemoracións internacionais, manualidades,  cancións sobre contos, etc. Neste enlace podedes ver vídeos que resumen parte desas actividades. Noraboa a tódolos nenos e nenas por tanto esforzo e creatividade!💙💚💛💜💗

   👉ACCESO Á CARPETA

mércores, 27 de outubro de 2021

GRAFISMOS

Seguimos avanzando no control da man e do brazo a través dos grafismos creativos cos que tanto desfrutamos!💛



xoves, 30 de setembro de 2021

NÚMEROS A TODA COR

 Retomamos os xogos coa mesa de luz, divertímonos xogando coas cores e  observamos os cambios que se producen nelas a través da luz. Con estas actividades desfrutamos, experimentamos e aprendemos!!






domingo, 28 de marzo de 2021

CREAMOS COLLAGE

Imitando a técnica inventada por Picasso, cada nen@ creou o seu collage personalizado.


xoves, 25 de febreiro de 2021

O ABECEDARIO DE 4 ANOS

 Na clase de 4 anos levamos un tempo traballando coa canción O abecedario de MAGIN BLANCO, e decidimos facer algunha actividade de lectoescritura en torno a ela, velaquí o resultado...

venres, 19 de febreiro de 2021

A PEQUEORQUESTA

 Os nen@s de 3 anos confeccionaron instrumentos con envases de leite bebible e arroz. Unha vez decorados, tocaron e bailaron ao son das súas maracas.







martes, 9 de febreiro de 2021

INSTRUMENTOS MUSICAIS

 Os nenos e nenas de 4 e 5 anos elaboraron esta fin de semana uns instrumentos musicais moi creativos . Fixeron un gran traballo! Grazas familias pola vosa colaboración!

mércores, 16 de decembro de 2020

TEMPO DE NADAL

 Todos sabemos que o Nadal anda cerca, xa estamos emocionad@s, nervios@s, cavilando nas peticións a Papá Noel e aos Reis Magos. Estes días no cole ambientamos a aula, facemos manualidades para decorar a árbore, cantamos e bailamos cantigas de Nadal,... Facemos unha morea de cousas para preparar a chegada destas datas que aos cativos e cativas tanto nos ilusionan.🎄🎅🎄🎅









venres, 4 de decembro de 2020

BARCO PIRATA Á VISTA !!

 Traballamos a pre-escritura con diferentes actividades de grafo e divertímonos imaxinando e creando barcos piratas para as ondas do mar que trazamos.






luns, 23 de novembro de 2020

GRAFOMOTRICIDADE

Na clase de 4 anos seguimos mellorando o dominio do trazo. Estas actividades de grafomotricidade que tanto nos gustan son un bo espazo de entrenamento.