jueves, 26 de marzo de 2015

VISITA Á EXPOSICIÓN: " A MEMORIA DOS OBXECTOS NA GALICIA"

Queridas familias! querémosvos convidar a visitar a exposición que se está a levar a cabo no salón de actos do colexio sobre obxectos antiguos. Aquí vos amosamos unha pequena mostra da visita que realizaron os nenos a tempos pasados.

ANIVERSARIOS DE MARZO

Este mes están de aniversario: 

En 3 anos: PAULA BARJA, ABEL e NICOLÁS  GONZÁLEZ.



En 4 anos: DANIEL COSTA e MAURO ÁLVAREZ.


En 5 anos: BRAIS, HUGO, TOMÁS, RUBÉN e HÉCTOR.


MURAL DE PASCUA

Preparamos a chegada das vacacións coa realización dun mural de ovos de Pascua na que colaboraron os nen@s de 5 anos.


lunes, 23 de marzo de 2015

UNHA VISITA INESPERADA

A semana pasada visitounos o novo irmán de Águeda, "Carlos", todos os nen@s estaban moi emocionados. Esperamos que nos visiten todos os bebés que naceron durante este curso.

21 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA ÁRBORE

Con motivo da celebración do día da árbore, a Deputación Provincial este ano mandounos un acivro para plantar no noso patio do colexio, que coidaremos entre todos.



miércoles, 18 de marzo de 2015

miércoles, 11 de marzo de 2015

O NENO E O GATO

Para iniciar aos nen@s de 3 anos no debuxo, contamos unha historia de un neno e o seu gato, despois da historia fixeron o debuxo do mesmo.



OBRA DE ARTE

Os nen@s de 3 anos fixeron unha obra pegando moitos gomets, para esta actividade contaron coa axuda dos compañeiros de 4 anos que lles axudaron a recortar os papeis.



jueves, 5 de marzo de 2015

BAILANDO COS AROS

As clases de psicomotricidade resultan divertidísimas para os nen@s.

TRABALLAMOS COS BOLECHAS

Os nen@s de 5 anos traballaron cos personaxes de "Os Bolechas".
Primeiro leron diversos contos dos Bolechas, despois fixeron pasatempos sobre eles e por último debuxaron a esta familia tan divertida de irmáns.