martes, 22 de decembro de 2020

DESPEDIDA DE NADAL

Rematou o 1º trimestre e ímonos xa de vacacións! Despois destes meses de esforzo e traballo arreo dos nosos cativos e cativas, non quixemos rematar sen que  tiveran a súa festa de Nadal coma outros anos, aínda que nesta ocasión un chisco diferente. Tamén nos lembramos das familias, de canto desfrutan coas actuacións de Nadal no cole, por iso, aínda que dun xeito diferente, preparamos este pequeno vídeo sorpresa para todas e todos. Agardamos que  o desfrutedes!! As nenas e nenos de infantil  desexámosvos un BO NADAL E FELICES VACACIÓNS!!💝🎄🎅👦👧🎁🎄

VÉMONOS DE VOLTA NO COLE  O VENRES 8 DE XANEIRO


venres, 18 de decembro de 2020

mércores, 16 de decembro de 2020

TEMPO DE NADAL

 Todos sabemos que o Nadal anda cerca, xa estamos emocionad@s, nervios@s, cavilando nas peticións a Papá Noel e aos Reis Magos. Estes días no cole ambientamos a aula, facemos manualidades para decorar a árbore, cantamos e bailamos cantigas de Nadal,... Facemos unha morea de cousas para preparar a chegada destas datas que aos cativos e cativas tanto nos ilusionan.🎄🎅🎄🎅









martes, 15 de decembro de 2020

A DETECTIVE PEREGRINA E O MISTERIO DE NADAL

Onte viñeron a visitarnos a compañía Polo correo do vento,  tres rapaces que nos contaron unha historia de Nadal moi singular: a detective Peregrina e o seu can salchicha Magnum teñen ante eles un misterioso caso por resolver!

Encantounos a combinación desta historia contada, cantada e debuxada! Grazas a Enrique, Carlos e Roberto por esta sesión de contacontos tan divertida!!







venres, 4 de decembro de 2020

BARCO PIRATA Á VISTA !!

 Traballamos a pre-escritura con diferentes actividades de grafo e divertímonos imaxinando e creando barcos piratas para as ondas do mar que trazamos.






xoves, 3 de decembro de 2020

UN PAN MOI ESPECIAL!

Os máis peques de infantil hoxe convertímonos en pequenos panadeiros e fixemos os nosos boliños de pan no cole! Quedáronnos uns bolos ben xeitosos! Agora a cocer na casa e a merendar!! Que ricos!!😋😋😋

Grazas familias pola vosa colaboración!








RAÍÑA A

 Na clase de 4 anos seguimos aprendendo co Señor Estudioso, estes días coñecemos a outro dos personaxes do País das Letras: A raíña A.