xoves, 31 de outubro de 2019

SAMAIN 2019

Ao longo dos últimos días fixemos diferentes actividades en torno ás festividades de Samaín e Halloween. Queremos compartir convosco unha pequena reportaxe  que resume os nosos traballos destes días, aprendemos moito e PASÁMOLO DE MEDO!!!! 🎃🎃
Moitas gracias   ás familias pola colaboración na actividade proposta polo Equipo de Plurilingüísmo, fixestes uns traballos espectaculares!
Desexámosvos que pasedes uns días terroríficamente divertidos!! Ata o luns!



















venres, 25 de outubro de 2019

MIRAR, TOCAR, CHEIRAR E...PROBAR!!!!

Xa van uns días que andamos ás voltas coas cabazas, o Samaín e o Halloween están ao caer e as cabazas teñen un gran protagonismo nestes festexos, ademais de ser un froito moi característico da estación do Outono, co que se poden facer tortas, marmelada, sopa,... Hoxe pola mañá experimentamos a través do sentidos algunhas das súas características, e para rematar probamos as pipas de cabaza, que foron todo un éxito, gustáronnos moitísimo!!

IGUAIS OU DIFERENTES?

Xogamos cos pompóns: observamos, comparamos e completamos atendendo aos criterios de cor e cantidade, así  acadamos a igualdade  nos dous pratos.



ANIVERSARIOS OUTUBRO

Este mes están de aniversario:
En 4 anos:SIMÓN, LAIA, LUCAS E TEO

En 5 anos: ALBA S. E BRUNO

MOTRICIDADE FINA

Para rematar a semana, na aula dos mandilóns laranxas, estiveron xogando a un divertido xogo.
Había que meter tantos caramelos no bote como indicaba a tarxeta co número, pero colléndoos cunhas pinzas nada fáciles de manexar!


xoves, 24 de outubro de 2019

A PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS

Continuamos coñecendo o noso corpo e tamén as medidas necesarias para o seu coidado. Hoxe traballamos cos alimentos que precisa o noso corpo mediante a pirámide dos alimentos. Os nen@s construíron a súa pirámide empregando os xoguetes da aula.

O NOSO CORPO

Os máis pequenos do cole estamos a  aprender moitas cousas sobre o noso corpo.  Desta volta fixemos a actividade de completar a silueta. 









martes, 22 de outubro de 2019

XOGAMOS COAS LANDRAS

Na asemblea de primeira hora, todos os días, dedicamos un tempo ás matemáticas a través de diferentes xogos manipulativos.
Hoxe empregamos os animais salvaxes e un bo montón de landras para facelos: moitos-poucos, tantos como, contar e contar, asociar cantidade con número, pauciños, dedos, dado, ....
Que ben o fixeron!
Para rematar, cadaquén decorou a súa landra con anaquiños de papel de seda.


luns, 21 de outubro de 2019

COÑECEMOS O CORPO POR DENTRO

Os nen@s de vermello están coñecendo como é o noso corpo por dentro e hoxe tocou xogar co esqueleto. Aprendemos a canción do esqueleto e montamos un esqueleto nunha folla


O MARMELO

Despois de observar os froitos do outono, traballamos con eles na aula

venres, 18 de outubro de 2019

CÍRCULOS GRANDES/PEQUENOS

Aprendemos con Popeta a diferenciar os tamaños grande/pequeno. Primeiro xogamos con aros a situarnos dentro dos círculos pequenos, despois sinalámolos na ficha de Popeta. Fixémolo xenial!




mércores, 16 de outubro de 2019

AS MIÑAS MANS

Estes días, na aula dos mandilóns laranxas están aprendendo moitas cousas sobre o corpo.
Hoxe foi a quenda das mans: como son, que podemos facer con elas, soan ou non?, o nome dos dedos, ....
Despois de facer varias actividades tocou a que a eles tanto lles gusta.
Velaí a tedes!

Canto desfrutaron estampando as súas mans no papel.
Para rematar, todos a cantar:
"El popurri de las manos"(CantaJuego).



XOGAMOS CO NÚMERO 1

Xa levamos uns días a xogar co número 1. Experimentamos co concepto de cantidade e aprendemos como se traza a súa grafía. Velaquí algunhas das actividades que fixemos.




luns, 14 de outubro de 2019

PICAR E PUNTEAR, PINGUIÑAS DE CHOIVA

Hoxe pola mañá Peliños e Peloncho contáronnos que no seu cole chovía igual ca no noso, así que puxémonos a picar as nubes con Peliños e logo decoramos un paraugas para Peloncho. Picamos e punteamos paseniño, como caen as pingas de choiva das nubes, e mentras iamos cantando:
"Chove polo río, chove polo mar,  a raniña verde púxose a saltar...clin, clan, clin, clan,..."


venres, 11 de outubro de 2019

MARMELO

Para rematar a semana, na aula de 4 anos, os nen@s tiveron un extra de merenda moi doce e saudable.
A profe tróuxolles unha froita que moitos non coñecían. Que é, como se chama?
A maioría das respostas foron pera ou limón..., pero eran marmelos!.
Tocáronos, ulíronos, viron como eran por dentro, falamos de como se cociñaba, ... e, finalmente saborearon o DOCE DE MARMELO.
 A algúns gustoulle máis que a outros!
Aínda así pouco sobrou...
 Para rematar cadaquén pintou o seu marmelo co pincel.


MANUALIDADE

A partir dunha cara , os nen@s construíron o corpo dunha rapaza empregando diversas técnicas: pintura, troquelado, picado  e debuxo.