luns, 31 de outubro de 2022

Cumples de outubro

Coincidindo coa celebración do Samaín o venres festexamos os "cumples" do mes de outubro.

Na clase de 3 anos estivo de aniversario Aroa.




E na clase dos maiores, os de 5,  festexamos nada menos que 7 "cumples"!!, os de: Lara, Xiana, Luca, Agustín, Marcos, Daniela e Sofía. 



Parabéns para todos e todas!! 




SAMAÍN TERRORÍFICO NA UCEIRA

Este venres celebramos o Samaín no cole e nenos e nenas chegaron  dando moitíiiisimo medo!!. Pasámolo xenial!! As mestras de inglés contáronlles  un conto de halloween aos peques e ademais tivemos tempo para cantar,  bailar e rematar algúns traballiños de Samaín dos que se fixeron nas aulas  ao longo desta semana.

Coñecedes a estes? Son os pequerrechiños do cole, os de tres anos!!







OS DE 4 ANOS NON FORON MENOS TERRORÍFICOS🎃🎃🎃!!!




E estes son os de 5 anos. Que medo dan!!!

                       

                        


Moitas grazas familias por tan bo traballo!!. Sodes uns artistas!!