jueves, 26 de febrero de 2015

ESPAGUETES DE PLASTILINA

Como unha actividade de plástica os nen@s de 4 anos fixeron churros de plastilina para decorar un plato de espaguetes.

COÑECEMOS A BÁSCULA

Nesta nova unidade que comezamos imos traballar "O supermercado", esta mañá coñecemos como funciona unha báscula pesando as froitas que os nen@s troixeron de merenda.

ANIVERSARIOS DO MES DE FEBREIRO

Este mes están de aniversario: 
En 5 anos: MARIO

En 4 anos:CARMEN, LENA, LAURA, CRISTIAN E BRUNO.


En 3 anos; ÁNGEL P., MARÍA E ZAIRA
.

martes, 24 de febrero de 2015

VIVA MÉXICO

Imos coñecer moitas cousas dun país descoñecido para os nenos, México.
Comezamos por aprender algo sobre o seu folklore, bailando unhas rancheiras típicas dese país.
Ó logo desta unidade iremos amosando diferentes aspectos da cultura mexicana.

viernes, 13 de febrero de 2015

AQUELES MARABILLOSOS ANOS

Hoxe na escola celebramos a festa do entroido lembrando aos noso avós e bisavós. O resultado foi fantántico. Grazas pola vosa colaboración. As mestras da Uceira deséxanvos un bo entroido. Lembrade! As clases comezan o vindeiro xoves día 19.

CUCHIPANDA DE ENTROIDO

Para celebrar o entroido fixemos un pequeno desfile cos alumnos de primeiro, e logo rematamos na aula con merenda e baile de entroido.
Que ben o pasamos!

jueves, 12 de febrero de 2015

PREPARANDO O ENTROIDO

Despois de moito remexer..... algo atopamos!!!


VIVA O ENTROIDO

Hoxe xoves, os nen@s da Uceira viñeron disfrazados libremente da casa co seu disfraz preferido. Mirade que guapos están!


CONTOS DE TITIRITRAPO

A compañía de teatro "Nuevos Públicos Escénicos"  deleitounos cos  contos  de "Titiritrapo" moi divertidos acompañados de monicreques.
Para asistir á representación destes contos desprazámonos ata o auditorio de Ourense, disfrutando dunha magnífica viaxe en autobús.

miércoles, 11 de febrero de 2015

CONFECCIÓN DE CARAUTAS

Cos troquelados do método de traballo de aulas, confeccionamos carautas das nosas mascotas, e tamén adornos para a cabeza. 

 Os de 3 anos levan a carauta de Papelote e as plumas de indio qu é o disfraz de Papelote.



Os de 4 anos a carauta  de Pascuala e o pano de pirata.



E os de 5 anos a carauta da abella Pepa e o diadema de faraón.


O BOTEIRO DE VIANA

Este ano como decoración para o colexio, os de infantil da Uceira decidimos confeccionar a máscara dun Boteiro de Viana do Bolo. Os nen@s fixeron boliñas de papel de seda para dar un colorido moi vistoso á nosa máscara.


martes, 10 de febrero de 2015

TALLER DE DISFRACES

Continuando cos talleres de disfraces, os nen@s de 4 anos confeccionaron o disfraz de pirata para disfrazar a súa mascota Pascuala.

Os nen@s de 5 anos fixeron o disfraz de faraón.

Tamén pintaron diferentes caretas para decorar a aula.





jueves, 5 de febrero de 2015

TALLER DE DISFRACES

Tendo en conta que a unidade de 3 anos do entroido trata a temática dos indios, na clase fixemos un pequeno taller para confeccionar algún traxe de indio, a careta e as plumas da cabeza.


lunes, 2 de febrero de 2015

PAISAXE NEVADO

Aproveitando que os nen@s foron ver a neve este fin de semana, os nen@s de 4 anos decoraron un precioso paisaxe nevado con bolas de algodón.