venres, 31 de maio de 2019

xoves, 30 de maio de 2019

IGUALDADE DE XÉNERO

Para fomentar a igualdade entre nenos e nenas , contamos coa colaboración dunha educadora social que lles preparou aos rapaces unha serie de actividades coma contos,  debuxos, cancións... que trataban sobre a temática da igualdade de xénero.
 
de de xénero. 

mércores, 22 de maio de 2019

ACTUACIÓN MARÍA DO CEO

Esta mañá, no Auditorio do Concello, asitimos á actuación da artista portuguesa María do Ceo que nos deleitou cunhas fermosas cancións para nen@s.

sábado, 18 de maio de 2019

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

O pasado venres, 10 de maio, os nen@s de Educación Infantil dos tres edificios do centro fomos de excursión a FervenzAventura, un centro de actividades na natureza, en Silleda.
Foi unha xornada diferente na que os peques o pasaron fenomenal!
Velaí un pequeno resumo do día...

PREPARADOS PARA A VIAXE!



REPOÑEMOS FORZAS CO XANTAR




FERVENZAVENTURA



DE VOLTA PARA O CARBALLIÑO...




xoves, 16 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Hoxe día 16 de maio, celebramos no colexio o día das Letras Galegas. Fixemos un correlingua polo patio do cole portando o mural que previamente fixeron os nen@s coa axuda das profes.


 Unha vez colocados no patio, os rapaces de mandilón vermello recitaron unhas breves poesías.




 E xa para rematar o acto cantamos e bailamos a canción de Uxía Lambona "Pousa". Foi un acto moi divertido.



mércores, 15 de maio de 2019

ANTÓN FRAGUAS

Ao longo desta semana, nas tres aulas estanse a facer  traballos e actividades relacionadas co autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Antón Fraguas.
Na aula de 4 anos fixeron estes magníficos retratos do escritor.



xoves, 9 de maio de 2019

DÍA DE EUROPA

Hoxe, día 9 de maio tocaba falar no cole de Europa.
Pero que é Europa? 
Ante esta pregunta tivemos respostas para todo... sobre todo na aula de 3 anos.
Falamos e falamos, e aproveitamos para ver o libro viaxeiro que este curso elaboramos no centro entre todos, a proposta do equipo de biblioteca: "UNHA VIAXE POR EUROPA".
Finalmente, todos fixemos un pequeno traballo sobre o papel.


mércores, 1 de maio de 2019

UN NIÑO SEN PAXARIÑO

Os nen@s da aula de 3 anos comezaron a semana cunha gran sorpresa!
A profe atopou, preto da súa casa, un niño no chan que aínda tiña dentro un oviño. Os outros deberon de romper ao caer da árbore onde debía de estar. 
Os peques estaban algo abraiados..., e na asemblea aproveitamos para falar do tema: que ben feito estaba, a súa forma, con que materiais o fixo, sería dun paxaro grande ou pequeno?, como era o ovo e que ía pasar agora con el, ...
Quedaron algo tristes porque o paxariño quedara sen o seu niño e oviños.
Despois de falar moito e manipular o niño e o ovo, con moito coidadiño, decidimos facer con ceras e un trazo libre cadanseu niño. Despois picamos un paxariño en cartolina.
Finalmente, para que o paxariño estivese moi contento, con témpera e esponxa puxémoslle tres ovos no niño, aproveitando que é o número que estamos a traballar estes días.
Este foi o resultado final.
Que ben o fixeron!
Nos vindeiros días o niño pasará polas aulas de 4 e 5 anos.
A ver con que nos sorprenden!