mércores, 1 de maio de 2019

UN NIÑO SEN PAXARIÑO

Os nen@s da aula de 3 anos comezaron a semana cunha gran sorpresa!
A profe atopou, preto da súa casa, un niño no chan que aínda tiña dentro un oviño. Os outros deberon de romper ao caer da árbore onde debía de estar. 
Os peques estaban algo abraiados..., e na asemblea aproveitamos para falar do tema: que ben feito estaba, a súa forma, con que materiais o fixo, sería dun paxaro grande ou pequeno?, como era o ovo e que ía pasar agora con el, ...
Quedaron algo tristes porque o paxariño quedara sen o seu niño e oviños.
Despois de falar moito e manipular o niño e o ovo, con moito coidadiño, decidimos facer con ceras e un trazo libre cadanseu niño. Despois picamos un paxariño en cartolina.
Finalmente, para que o paxariño estivese moi contento, con témpera e esponxa puxémoslle tres ovos no niño, aproveitando que é o número que estamos a traballar estes días.
Este foi o resultado final.
Que ben o fixeron!
Nos vindeiros días o niño pasará polas aulas de 4 e 5 anos.
A ver con que nos sorprenden!

Ningún comentario:

Publicar un comentario