venres, 29 de xaneiro de 2021

30 DE XANEIRO, DÍA MUNDIAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

 Mañá 30 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Paz e da Non Violencia; durante esta semana fixemos varias actividades; aproveitando que estamos a traballar cos alimentos fixemos pasta de sal, coa que modelamos un corazón branco para simbolizar o amor, o respecto e o cariño, sentimentos asociados polos nosos cativos e cativas  á idea da paz.

 Tamén cantamos e bailamos a canción "MÓVETE", a proposta dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e Actividades Extraescolares. Aquí deixamos as fotos da actividade e a canción para que a desfrutedes en familia. 






ANIVERSARIOS MES DE XANEIRO

Hoxe festexamos os aniversarios do mes de Xaneiro, Moitos Parabéns a  Alba da clase de 4, que é a maior do grupo e xa cumpriu os 5! 🎈🎈




venres, 22 de xaneiro de 2021

BINGO!!

 Xogamos ao Bingo dos Alimentos: aprendemos vocabulario, traballamos a atención, a memoria e o traballo en equipo. Aprendemos e divertímonos!





martes, 19 de xaneiro de 2021

VEXO, ESCOITO, TOCO, CHEIRO E SABOREO...OS ALIMENTOS A TRAVÉS DOS SENTIDOS.

Nestes días traballamos os alimentos xogando cos cinco sentidos; Divertímonos e aprendemos experimentando cos olores, sabores, aspecto, tacto e son de diferentes tipos de alimentos.






venres, 15 de xaneiro de 2021

E TI, COMES BEN?

 Seguimos investigando e aprendendo sobre os alimentos. Esta semana traballamos na idea de "comer ben", como facelo de xeito saudable, escollendo unha dieta variada, incorporando vexetais, peixe, legumes, carnes,lácteos, cereais,... e tendo moito moito coidado coas larpeiradas. Conversamos, buscamos algo de información, establecemos algunha que outra conclusión e, finalmente, elaboramos os nosos menús saudables.






venres, 8 de xaneiro de 2021

VOLTA AO COLE CON SORPRESA

 Retomamos hoxe a actividade nas aulas logo duns días de descanso, un pouco preguiceiros e con algo de sono, pero con moita ilusión e ganas de compartir cos amigos e amigas as vivencias deste Nadal,  ganas de falar dos agasallos que  Papá Noel e os Reis Magos foron deixando  espallados polas casas dos cativos e cativas do Carballiño. E por suposto, coa emoción de chegar ao cole e atopar tamén agasallos nas aulas! Feliz comezo de trimestre para todos e todas! Arrancamos!😊👍