xoves, 31 de xaneiro de 2019

DÍA DA PAZ

Con motivo da celebración do Día da Paz, este mércores todos os nen@s do colexio saíron ao pavillón con cintas das cores do arco da vella. Cada nivel levaba unha cor. A infantil tocoulle a cor morada. Con todas elas fixemos o arco da vella mentres cantabamos a canción de Soraya "Que bonito". Tamén portaron carteis coa palabra paz  en diferentes idiomas de países europeos.



Nos días previos á celebración do Día Internacional da Paz e da Non Violencia nas tres aulas fixéronse diferentes traballiños relacionados con este día.
Aí vai unha pequena mostra...


venres, 25 de xaneiro de 2019

ANIVERSARIOS XANEIRO

Este mes están de aniversario:


En 3 anos non houbo aniversarios, pero celebramos o de Iker que estivo de cumpre en decembro pero non veu ao cole o día que celebramos os cumpres de ese mes.

 En 4 anos: Laura e Brenda

 En 5 anos: Carla e Martin

Este mes tamén están de cumpre as profes Conchi e Chus

PARABÉNS A TODOS!

xoves, 24 de xaneiro de 2019

DÍA DA PAZ

Para conmemorar o día da Paz, estamos a realizar cos nen@s unha serie de actividades que nos permitirán adornar o noso colexio. Grazas familias polos traballiños tan fermosos que fixestes cos vosos fixos.
 Decoraron a palabra PAZ en diferentes idiomas do mundo


luns, 21 de xaneiro de 2019

XORNADA ÚNICA


MOI IMPORTANTE!
XORNADA ÚNICA

Benqueridas familias:

Despois da sondaxe sobre a xornada única que tivemos no mes de decembro, no que maioritariamente as familias decidistes a favor de implantala no centro, estamos nun momento decisivo para conseguila.

Convocámosvos a todos á VOTACIÓN OFICIAL que se levará a cabo o mércores día 23 de xaneiro no edificio Uceira en horario de 10:30 a 20:00 horas. UN VOTO POR FAMILIA.

Queremos recordarvos a importancia de que veñades a votar para conseguir aquilo polo que tanto tempo levamos loitando.

A xornada única supón os seguintes cambios para o centro:

  1. Horario lectivo: Será de 9:00 a 14:00 horas.
  2. Comedor: En horario de 14:00 a 15:00 horas.
  3. Esta xornada implica unha serie de Actividades Extraescolares voluntarias que se realizarán no centro polas tarde en horario de 15:00 a 17:00 horas.

En canto ás ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, informámosvos de varios aspectos:

  1. As familias decidirán voluntariamente a que actividades extraescolares asistirán os seus fillos/as, de entre todas as ofertadas.
  2. Durante o horario de actividades, a biblioteca do centro permanecerá aberta e atendida por un profesor/a, para todo aquel alumnado que queira ou necesite utilizala. Isto facilita a libre elección de actividades xa que os alumnos/as poden permanecer nela de 15:00 a 17:00 horas, sendo totalmente gratuita.
  3. As actividades programaranse en función da demanda e interese das familias.

Para aclarar as posibles dúbidas, mañá martes día 22 de xaneiro ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Uceira, celebraremos unha REUNIÓN INFORMATIVA para todas as familias que queiran asistir.

NOTA: O censo de familias está a disposición de quen queira consultalo no taboleiro da secretaría do centro, edificio Uceira.

xoves, 10 de xaneiro de 2019

AS TESOIRAS

Esta semana na clase de 3 anos os nen@s iniciáronse no manexo das tesoiras, algo que para eles sempre é moi motivador.
Canto lles gustou!!

mércores, 9 de xaneiro de 2019

QUE FRÍO VAI!

Co frío que vai estes días está claro que estamos en Inverno, unha nova estación sobre a que os peques van aprender moitas cousiñas. 
Na aula de 3 an@s aproveitamos un círculo que nos sobrara no primeiro trimestre para elaborar o noso peculiar boneco de neve.
E tamén comezamos a aprender a canción do inverno...



OS REIS MAGOS VISITARON O COLEXIO

Feliz aninovo familias!. Esta mañá os nen@s leváronse unha gran sorpresa ao chegar ó colexio. Os Reis Magos fixeron unha paradiña na Uceira e deixaron uns pequenos agasallos para as aulas de infantil. Estaban moi ilusionados.