luns, 30 de setembro de 2019

AS NOSAS NORMAS

A nosa mascota da clase, a mona  Peliños, axúdanos a establecer unhas normas sinxelas  para que tod@s estemos  contentos no cole. Coa maxia da variña da fada Popeta xa puxemos en práctica unha das máis importantes: respectar as quendas de palabra. Coa maxia de Popeta aprendemos a ter   un pouquiño máis de paciencia para  escoitarnos uns aos outros.

venres, 27 de setembro de 2019

ANIVERSARIOS AGOSTO E SETEMBRO

Este venres festexamos no cole os aniversarios dos nenos e nenas que cumpriron anos en agosto e  setembro. PARABÉNS A TOD@S!!

ANIVERSARIO DE NAIA, 3 ANOS


ANIVERSARIOS DE PABLO E HUGO, 4 ANOS


ANIVERSARIOS DE AIDEN E INÉS, 5 ANOS



TEMPO DE VENDIMA





xoves, 26 de setembro de 2019

ANIMACIÓN Á LECTURA

Hoxe na aula de 4 anos, aproveitando a "hora de ler", Izan contoulles aos seus compañeiros un dos seus contos preferidos: "Las jirafas no pueden bailar".
Canto lles gustou a todos esta nova actividade!!



ASOCIACIÓNS

Esta mañá a profe de prácticas levou a cabo unha sesión de asociación número-cantidade
 empregando diversos materiais.

martes, 24 de setembro de 2019

XOGANDO CO ABN.

Os nen@s de cor vermella  aprenden matemáticas de forma divertida.

HORA DE LER

Comezamos no colexio unha nova actividade chamada "hora de ler". Hoxe tocoulle a quenda a Clara que lles contou un conto aos seus compañeiros da clase.


A VOLTA AO COLE

Comezamos un novo curso e, pouco a pouco, os nen@s de 4 e 5 anos vanse adaptando.
Que ben o pasan!




EQUIPOS 3 ANOS

A semana pasada coñecemos a Popeta, unha fada moi divertida a que lle encanta facer pompas de xabón, e trouxo ao cole unhas pompas xigantes de cores para nós!! Con esas pompas fixemos os nosos equipos. Gracias Popeta!



luns, 23 de setembro de 2019

PRIMEIROS DIAS NA ESCOLA



Os nenos e nenas de 3 anos deixámosvos unha pequena reportaxe dos nosos primeiros días no cole; como poderedes ver estamos encantad@s e pasámolo moi ben! Disfrutamos do parque, do areeiro, visitamos o ximnasio, xogamos nos recantos da aula, cantamos, almorzamos …
 Estes primeiros días deron para moito!!