xoves, 12 de marzo de 2020

AURORA BOREAL

Na clase de 4 anos están a aprender moitas cousas sobre o Polo Norte, de donde é a súa mascota, "PATOCA".
Hoxe tocoulle ás fermosas e espectaculares auroras boreais que se poden ver pola noite no seu ceo.
Visionamos algún vídeo para poder comprender mellor este fenómeno natural, e logo fixemos o traballo da ficha na que tiñan que mesturar algunhas cores.



martes, 10 de marzo de 2020

XOGANDO E APRENDENDO

Na clase de 3 anos seguimos ás voltas cos nosos nomes; con diferentes xogos e actividades progresamos nas nosas aprendizaxes!







luns, 9 de marzo de 2020

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe no cole conmemoramos con diferentes actividades o Día Internacional da Muller; a través de contos, conversas e xogos puxemos de manifesto o obxectivo desta celebración  e a importancia que ten que @s nos@s cativ@s medren e aprendan  en igualdade. 💜👩💜









venres, 6 de marzo de 2020

POR QUE ME CHAMO ASÍ?

Pedimos axuda na casa para  saber a orixe dos nosos nomes e contarllo @s nos@s compañeir@s no cole. Gracias familias pola vosa colaboración!!





xoves, 5 de marzo de 2020

VENECIA

Xa hai uns días que os mandilóns laranxas, coa profe Gloria, remataron un pequeno proxecto sobre Venecia.
Aprenderon moitas cousas e só nos faltaba facer a obra de arte.
Velaí o bonitas que quedaron...



mércores, 4 de marzo de 2020

CANTAS LETRAS TEN O MEU NOME?

@s máis peques observamos e comparamos os nosos nomes,  contamos cantas letras temos, buscamos o número que representa esa cantidade  e facemos a equivalencia con gomets.




martes, 3 de marzo de 2020

O LOBO E A LÚA

O luns saímos ao teatro a ver a obra "O lobo e a lúa", unha historia divertida e peculiar que nos fixo rir moito. 
 Velaquí a reportaxe da nosa aventura.

luns, 2 de marzo de 2020

ORDENAMOS AS LETRAS PARA FACER O NOME

Xa levamos unhas semanas xogando e aprendendo cousas sobre os nosos nomes: número de letras, por cal empeza cada un, como hai que ordenalas para compoñelos,...Despois de practicar coas tarxetas plasmamos os nosos avances nunha ficha.