xoves, 27 de xuño de 2019


GRADUACIÓN DOS NENOS DE 5 ANOS

Os de mandilón verde despedíronse da súa etapa en Educación Infantil coa recitación dunha poesía e cun baile diante dos seus pais e nais e dos seus compañeiros máis pequenos. Desexamoslle que sexan tan felices na súa nova etapa como o foron con nós. Sorte rapaces e rapaces e que disfrutedes moito. Un bico das mestras de Infantil.




domingo, 23 de xuño de 2019

CUCHIPANDA DE FIN DE CURSO

Para rematar o curso fixemos unha festa con comida riquíiiiiiiiiiiiisima.


Os profes deleitaron aos nenos cunha fantástica obra de teatro. Foi divertidísimo.

xoves, 20 de xuño de 2019

BO VERÁN

Mañá remata outro curso e, para os máis pequerrechos do cole, o seu primeiro ano no centro.
Xa son MAIORES!
Cando volvan á escola en setembro xa serán os de 4 anos.
Aí van os seus desexos...



venres, 14 de xuño de 2019

SOPRAMOS E RESOPRAMOS

Onte na aula de 3 anos os nen@s tiveron unha sorpresa.... 
Unha caixa vermella, "A CAIXA DO SOPRO", que contiña unha morea de cousas.
E todo aquilo, para que era?
Pois aproveitamos todo o material para facer diferentes actividades nas que só se podía soprar.
Preparados, enchemos os pulmóns e a SOPRARRRR!!
Que ben o pasamos.




ANIVERSARIOS XUÑO E XULLO

Hoxe celebramos os aniversarios dos nen@s que cumplen anos en  Xuño e Xullo

En 3 anos están de aniversario: Santiago, Adriana, Teresa e Denis.



En 4 anos están de aniversario: Daniel, Gael, Darío, Mélani, Roque e Noela.


En 5 anos están de aniversario: Daniel, Roque, Lucía A. Gael e Evolet.

xoves, 6 de xuño de 2019

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Onte, na aula dos mandilóns laranxas, aproveitamos que se conmemoraba o Día Mundial do Medio Ambiente para traballar con esa temática.
Primeiramente, na asemblea falamos moito e moito sobre o tema, con exemplos adaptados á súa idade. Logo fixemos o traballo na ficha empregando o lapis bicolor, que tanto lles gusta, para facer unha serie coloreando as letras e, rematámola pintando cos rotuladores.
Que ben lles quedou!!

Finalmente, aproveitamos para contar o conto "Despegando!" que Carlos trouxo para compartir con todos nós, e que se axeitaba moi ben á temática deste día 5 de xuño.


mércores, 5 de xuño de 2019

IMPRESORA 3 D

Os nen@s de infantil foron visitar a aula de informática para ver como funciona a nova impresora en 3 D, estaban abraiados observando como imprimía uns sinais de tráfico.