venres, 29 de marzo de 2019

ANIVERSARIOS DE MARZO

Este mes están de aniversario
En 3 anos: Noa e Yoel

En 4 anos: Alba e Noha

En 5 anos: Daniel, Leire, Paola, Laura e Noa R.


mércores, 27 de marzo de 2019

CONTO CON LINGUA DE SIGNOS

Onte pola mañá visitáronos dúas rapazas da Asociación de Sordos de Ourense para contarnos un conto a cada nivel en lingua de signos. O conto escollido foi "A eiruga glotona". Mentres unha delas contaba o conto, a outra facía o mesmo pero coas súas mans. Ao rematar ensináronlles aos nen@s unha serie de signos relacionados co conto: días da semana, froitas, animais,...


martes, 26 de marzo de 2019

DÍA DA ÁRBORE

O día 21 de marzo celébrase o día da árbore e no colexio celebrámolo plantando varios carballos no patio de infantil. Os nen@s primeiron cavaron o burato, logo plantaron os carballos e para rematar regáronos. Foi unha actividade coa que disfrutaron moitísimo.


xoves, 21 de marzo de 2019

A COR VERDE

Coa chegada da PRIMAVERA a nosa contorna comeza a mudar as súas cores, enchéndose dun gran colorido e predominando a cor verde.
Na aula dos máis pequenos quixeron estrear esta nova estación coloreando unha árbore e fixérono dun xeito algo "máxico".
Se mesturamos a cor azul e a amarela..., que pasará?


sábado, 16 de marzo de 2019

SEMANA DA PRENSA

Os nen@s de cor laranxa tomaron o seu primeiro contacto co xornal visualizando e manipulando varios que temos na aula. Despois buscaron as letras do seu nome e fixeron debuxos no xornal.





Os de cor vermello, como xa teñen máis experiencia buscaron diversas noticias e logo como xa recoñecen moitas letras, fixeron unha actividade que consistía nunha CHUVIA DE LETRAS.

Os de cor verde, como xa son expertos na lectura e escritura, elaboraron cadansúa noticia e con todas elas fixeron "O XORNAL DE 5 ANOS".

xoves, 14 de marzo de 2019

PRESENTACIÓN DE MARTIÑO

Este xoves, pola tarde, a encargada da biblioteca infantil do Concello veu ao noso cole para presentarnos a mascota da biblioteca "Martiño, o pulpiño". Despois da súa presentación fixeron unha pequena representación dun conto. Pasárono xenial.


venres, 8 de marzo de 2019

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Esta mañá no colexio celebramos o Día da Muller de varias maneiras.
Comezamos contando un conto sobre a igualdade entre homes e mulleres.

Despois confeccionamos un mural cos debuxos das mulleres máis importantes para os nenos e nenas ( a súa nai, avoa,...)

E por último, fixeron unha ficha para conmemorar este día tan especial.

venres, 1 de marzo de 2019

DESFILE DE ENTROIDO

Por fin chegou o día de lucir os traxes de gregos e gregas. Durante toda a semana os nenos e nenas de infantil da Uceira estiveron traballando sobre Grecia. Aprenderon cousas coma a súa bandeira, traxe típico, principais monumentos...
Aquí tedes un vídeo para que disfrutedes vendo aos vosos fillos. Grazas pola vosa colaboración.