xoves, 28 de febreiro de 2019

DISFRÁZOME DE...

Hoxe XOVES foi a derradeira orde do noso MECO. Para compracelo tivemos que vir ao colexio tod@s disfrazados.
Velaí o resultado!!


QUE GUAPOS E GUAPAS ESTABAMOS!

Rematado o día cada un levou para a súa casa a carauta da Mascota da súa aula:

3 anos "PELIÑOS"

4 anos "PATOCA"

5 anos "POQUÉ"





mércores, 27 de febreiro de 2019

3ª ORDE DO MECO

"UN CALCETÍN DE CADA COR PARA PARECER UNHA FLOR"
Esta foi a orde do MECO para hoxe MÉRCORES.
Tamén os máis pequenos marcharon para as súas casas coma uns auténticos pallasos.
Os de 4 an@s marcharon coma chinos e os máis maiores con diadema e amuleto exipcios.









martes, 26 de febreiro de 2019

2ª ORDE DO MECO

Hoxe MARTES o noso MECO mandou traer unha gravata ou "paxariña". 
Así de guapos estabamos todos.
E para a casa levaron carautas de gatos, máscaras venecianas e de tuaregs.


luns, 25 de febreiro de 2019

SEMANA DO ENTROIDO

Esta é a gran semana do Entroido no colexio, ao longo da cal se van levar a cabo nas aulas diferentes actividades relacionadas con esta festa popular.
Coma sempre o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares propuxo seguir as ordes do "Meco".
 Está na entrada do colexio e dinos como hai que vir á escola cada día... e, hoxe LUNS tocaba algo na CABEZA.

Cada día os nen@s tamén levarán algo "pintoresco" para as súas casas.
Hoxe tocoulle aos antefaces!!





SAÍDA AO AUDITORIO DE OURENSE

O  pasado xoves fixemos unha pequena saída ata o auditorio de Ourense para ver o espectáculo de teatro e música "Burbullas de Papel".
Os nen@s agardaban con moita ilusión a chegada deste día..., ir en autobús todos xuntos, saír da contorna do colexio, entrar no auditorio por primeira vez e desfrutar dunha mañá diferente e divertida. 

Á tarde no colexio cadaquén plasmou no papel a súa interpretación da obra!

3 anos

4 anos
5 anos




sábado, 23 de febreiro de 2019

ANIVERSARIOS FEBREIRO

Este mes están de aniversario:

En 3 anos: Chantal e Carlos


En 4 anos: Marta e Javier.

En 5 anos: Camilo e Iago.

venres, 15 de febreiro de 2019

14 DE FEBREIRO

Onte no colexio celebramos nas tres aulas o DÍA DO AMOR E DA AMIZADE con diferentes tipos de actividades.
Conversamos sobre o valor da amizade, que é iso do amor..., e finalmente desfrutamos cos contos.




mércores, 13 de febreiro de 2019

VIAXE NO TEMPO

Queridas familias, este curso imos a facer unha viaxe a GRECIA , un país cheo de cultura, tradición e historia. Imos a coñecer a súa xeografía, clima e tamén a que se adican as súas xentes. Viaxaremos no tempo coñecendo algúns heroes da mitoloxía grega, personaxes famosos coma Esopo, Arquímedes...
Tamén  coñeceremos o seu alfabeto así coma a historia dos xogos olímpicos. Vai a ser unha viaxe moi divertida.

mércores, 6 de febreiro de 2019

ESTREANDO...

Aproveitando que o tempo nos deu unha tregua, onte estreamos o mobiliario de xogo e movemento que instalaron no noso patio.
Canto gozaron!