jueves, 23 de diciembre de 2010

Queridas familias, grazas a colaboración de todos os profes do cole puidemos reunir máis fotos do festival.


martes, 21 de diciembre de 2010

AS PROFES DE EDUCACIÓN INFANTIL DESÉXANVOS UN FELIZ NADAL E UN PRÓSPERO ANO 2011.



Festival de nadal

Hoxe celebramos no colexio o festival de nadal, aínda que estivemos todos un pouco apretados, vale a pena só por ver o felices que están os nenos.


E coma non podía ser doutro xeito, despois dunha
 gran actuación , unha boa merenda.
 Menuda festa tiveron os nenos de infantil da Uceira.




lunes, 20 de diciembre de 2010



QUERIDAS FAMILIAS QUERÉMOSVOS RECORDAR QUE MAÑÁ SERÁ O FESTIVAL DE PANXOLIÑAS DO COLEXIO ÁS 10:30. OS NENOS VIRÁN VESTIDOS DA CASA CO GORRO DE PAPÁ NOEL, OS PANTALÓNS VAQUEIROS E O XERSEI VERMELLO.
TAMÉN RECORDARLLES QUE A ENTREGA DE NOTAS SERÁ O VINDEIRO MÉRCORES DE 10:15 A 13:45.

viernes, 17 de diciembre de 2010

aniversarios

Parabéns aos máis noviños de cada clase que hoxe cumpren anos.

En 3 anos  Noa e a afortunada.




En 4 anos Anne está de aniversario.

 


En 5 anos Juan Ramón cumple anos.



O Apalpador baja del Courel y visita el colegio de A Uceira (Noticia Voz de Galicia)

¡Es él!. Fue el grito de sorpresa de uno de los pequeños de Educación Infantil del colegio carballiñés de A Uceira al ver entrar, al salón de actos del centro, al Apalpador. Una figura típica gallega del Courel, aunque en Terra de Trives se le conoce como el Pandigueiro, que la Concejalía de Cultura de la villa del Arenteiro quiere recuperar estas Navidades.
Ayer fue la primera visita del carbonero a O Carballiño ya que la repetirá el día 24, que según la tradición este personaje baja la noche de cada 31 de diciembre a tocar la barriga de los más pequeños de la casa para ver si han comido bien y sano durante el año. A cambio les ofrece castañas asadas y nueces, en algunos casos también regalos, y les desea que tengan un año nuevo lleno de felicidad y comida.
O Apalpador llegó al edificio escolar montado en una pequeña bicicleta, con su bastón y su boina y cargando con un palo miramundos mágico, regalo de un hada. Allí se dio a conocer ante los más pequeños, alguno bastante incrédulo sobre la veracidad de su existencia, y les contó de donde venía, los montes del Courel, y con qué fines: regalarles comida, recomendarles, de forma tan insistente como divertida, que se decanten por una alimentación sana, descartando la coca cola por zumos y las gominolas por las verduras o por las frutas.
Entre cuentos, risas, caras de estupor ante su presencia, frotar las manos frías y palpar las barrigas, los pequeños disfrutaron de una tarde de cole diferente gracias a la presencia del Apalpador que este año, al menos en O Carballiño y a nivel institucional desbanca a Papa Noel.
El día de Nochebuena volverá en tricicleta .

A visita do apalpador.

Acordádesvos que o outro día faleivos do apalpador, aquel personaxe que polo nadal baixaba das montañas para tocar a barriga dos nenos e darlles castañas.
Onte a tarde recibimos unha visita inesperada. Sabedes que foi?.
Pois claro, o APALPADOR. Fixádevos ben neste curioso personaxe que forma parte da nosa cultura popular.

jueves, 16 de diciembre de 2010

Panxoliñas 2010

<&div style="text-align: justify;">
Todo un auténtico espectáculo o vivido onte por todos os nen@s participantes no xa tradicional canto de paixoliñas do Carballiño, organizado un ano máis polo concello e onde se deron cita todos os nen@s de Infantil do colexio Calvo Sotelo o Vila e o Conservatorio. Moitos nervios e ilusión en cada unha das paixoliñas cantadas polos nenos así como moitos aplausos por parte dos país que abarrotaron un ano maís as instalacioóns. Aqui os deixamos unhas cantas fotos de todos os nenos participantesnbsp;da Uceira.


Adornos de Nadal



Os nenos de infantil durante toda esta semana traballaron moitísimo elaborando os diferentes adornos que colocaron nas súas aulas.

Os nen@s de 5 anos fixeron uns fermosos Anxos



Os nen@s de 4 anos elaboraron uns calcetíns para que Papa Noel encha de caramelos




Os de tres anos elaboraron unha gran  árbore.

lunes, 13 de diciembre de 2010

Festival de panxoliñas

QUERIDOS PAIS/NAIS QUEREMOSVOS INFORMAR QUE O VINDEIRO MÉRCORES ÁS 18:00 HORAS SERÁ O FESTIVAL DE PANXOLIÑAS DO CONCELLO. OS NEN@S XA IRÁN VESTIDOS DA CASA. DESEXAMOS QUE DISFRUTEDES MOITO, E RECORDADE QUE OS VOSOS FILL@S ESFORZARONSE MOITO NOS ENSAIOS.

domingo, 12 de diciembre de 2010

O apalpador

Queridos pais e nais queremos que coñezades un personaxe máis ligado á nosa cultura que é a figura do apalpador. Nós tivemos coñecemento del grazas ás nosas compañeiras do Calvo Sotelo que nos informaron do seu coñecemento.




                       O Apalpador

O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesas das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben mantidos. Logo de desexarlles que no ano vindeiro non pasasen máis fame e vivisen con fartura, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.

A tradición, recollida por Lôpez Gonçâlez nas comarcas do Courel, Lóuzara e o Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o
Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Hai quen cre que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.

Ademais, nos últimos días sóubose dun outro nome que leva esta figura no sur do país: O Pandigueiro. Este baixaba da Cabeza Grande pola banda de Trives e de que se agochaba na Raíña Loba pola banda do val do Salas. A cantiga chamábao: "Pandigueiro na noitiña, Pandigueiro vén axiña

viernes, 10 de diciembre de 2010

Grazas papás

Queridos pais/nais queremosvos dar as grazas pola vosa colaboración na elaboración das bólas de nadas, están quedando preciosas. Nos próximos días xa vos mostraremos neste blog todas as bólas que trouxeron os nen@s.

Construímos a nosa casiña

Que bonitas son as casas dos nen@s de catro anos.


viernes, 3 de diciembre de 2010

A constitución española

O 6 de decembro celebramos o día da Constitución. Para nós é unha lei fundamental porque nela recoñécense os seguintes dereitos e deberes fundamentais:
-Todos teñen dereito á educación. Recoñécese a liberdade do ensino
 - A educación terá por obxeto o  pleno desenvolvemento da personalidade humana.
- O respeto aos principios democráticos de convivencia e aos dereitos e libertades  fundamentais.
-A dignidade da persoa,  os dereitos inviolables que lle son inherentes, o libre desenvolvemento da  personalidad,e  o respeto a ley e aos derereitos dos demais son o fundamento do orden político e da  paz social
- Os españois  son iguais ante a lei , sen que poida prevalecer discriminación algunha
por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou
circunstancia personal ou social.
Tanto a escola coma a familia deberán colaborar para que o nen@ medre nun ambiente de respeto aos dereitos fundamentais.

Nota informativa





O vindeiro martes non haberá escola debido a festividade do día do mestre. Desexamosvos que pasedes unha feliz ponte e moito coidadiño co xeo

jueves, 2 de diciembre de 2010

O NADAL

COMENZA O MES DO NADAL E TODOS TEMOS QUE ADORNAR O COLEXIO. ESTA TARDE COMEZAMOS A PREPARARNOS PARA O NADAL.

OBSERVADE NESTE VÍDEO QUE NEVADA MAIS BONITA

Día de nevarada

Debido a ameaza de temporal de neve previsto, hoxe moitos nen@s non acudiron a clase. Os profes de Infantil aproveitamos o día para traballar sobre o Nadal.





Coma se estivesemos no cine vimos na gran pantalla a película de "Rudolf"



miércoles, 1 de diciembre de 2010

NOTA INFORMATIVA

QUERIDOS PAIS/NAIS , PRECISAMOS DA VOSA COLABORACIÓN PARA ADORNAR AS NOSAS AULAS.
DEBEDES AXUDAR AOS NEN@S A CONFECCIONAR UNHA BÓLA DE NADAL CON VOLUMEN , PODEDES EMPREGAR CALQUERA TÉCNICA. O TRABALLO SERÁ ENTREGADO POLOS NENOS O DÍA 13 DE DECEMBRO GRACIAS.