jueves, 20 de febrero de 2020

4ª ORDE DO MECO

O Meco, coa súa orde de hoxe, quixo encher o colexio de moita cor e variedade, pero tamén de boas ideas e creatividade.
Tocaba disfrace libre!
Estes días, aínda que son de moita troula, tamén traballamos arreo, así que outra manualidade entroideira foi para as súas casas.
Xa só nos queda o gran día de maña...

0






RAZONAMENTO LÓXICO COS BLOQUES DE DIENES

Os bloques lóxicos de Dienes son un recurso idóneo para traballar o razonamento lóxico-matemático con gran variedade de xogos, e @s nen@s da clase de 3 gústanos moito xogar con estas figuras xeométricas. Observamos, pensamos e resolvemos.


miércoles, 19 de febrero de 2020

3ª ORDE DO MECO

Co mandato do Meco hoxe lucimos na escola gravatas e paxarelas, e para casa levamos outra actividade plástica do entroido. Isto é un non parar!!






O MEU NOME EMPEZA POR...

Na clase de 3 seguimos xogando e aprendendo cos nomes, nesta ocasión traballamos coa inicial.






martes, 18 de febrero de 2020

2ª ORDE DO MECO

Seguimos de entroido no cole, ás ordes deste Meco que nos dice como vestirnos cada día; hoxe martes tocaba saia ou pantalón de estrela de cine, nen@s e profes sacamos as nosas mellores galas de estrelas de Hollywood!! 
Ademais levamos para casa outro dos nosos traballiños de entroido, un antiface. Que tocará mañá...? Non perdades detalle...😉





lunes, 17 de febrero de 2020

1ª ORDE DO MECO

Hoxe comezamos a semana máis festeira do cole, a "Semana do Entroido".
O Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias propuxo seguir, ao longo da mesma, as ordes que o MECO (J.L. Cuerda) vai ir ditando. A temática deste ano é cine e literatura.

LUNS: UN SOMBREIRO IDES TRAER PARA UN DIRECTOR PARECER

AULA 3 ANOS

AULA 4 ANOS

 AULA 5 ANOS

Estes días os nen@s van estar moi atarefados coas máscaras, carautas, antefaces, disfraces, ..., e hoxe aproveitamos para levar ás nosas casas a carauta da mascota da aula: 
PELIÑOS, PATOCA e POQUÉ. 




sábado, 15 de febrero de 2020

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE


Os nen@s de 5 anos traballaron sobre o conto de "Crocodilo namorado". Contamos o conto, aprendemos a canción e falamos da importancia do amor e a amizade.




Tamén traballamos co conto de Peter Pan destacando a súa amizade con Wendy e Campanilla.


viernes, 14 de febrero de 2020

DÍA DOS NAMORADOS...E ISO, QUE É?

Ao longo desta semana, os mandilóns laranxas, estiveron a conversar moito sobre este día. 
Pero que é o AMOR?
Como, cando, onde, por que,..., se sente?
Ten cor?
Ademais disto, tamén celebramos o día da AMIZADE, tan importante desde o primeiro día que chegan á escola.
As respostas a todo isto foron moi variadas, e para aclarar todas as dúbidas e saber máis, axudámonos de varios contos. 
Denis trouxo un para compartir con todos nós:"La ovejita que vino a cenar" (amizade) e outro da biblioteca do centro: "Los tentáculos de Blef" (amor).

Aproveitamos para falar dos amigos (xogar, rir, compartir, axudar, ...,), que no cole son moitos, e démonos moitas apertas e agarimos.
Tamén fixemos algúns traballiños de ficha...



 Como a palabra amizade ten sete letras, na asemblea de hoxe, fixemos entre todos, o sol do número sete.
 E para rematar este día, Adriana, deunos a todos unha gran sorpresa...
O seu nome completo é Adriana Valentina, polo que hoxe era o seu día, e quixo compartir cos seus compañeiros e profes un rico biscoito.
Moitas grazas e PARABÉNS!

GRAFISMOS NA CLASE DE 3 ANOS

Exercitamos o control do trazo de xeito libre e creativo; esta actividade coa que disfrutamos tanto axúdanos a traballar a motricidade fina e os elementos que a integran, ademais resúltanos divertida e relaxante. Aquí vos deixamos as fotos do noso primeiro contacto co grafismo creativo!



jueves, 13 de febrero de 2020

VIXITA AO DESERTO

Os nen@s de 5 anos iniciaron unha viaxe imaxinaria ao deserto, despois plasmaron a experiencia a través de debuxos . Quedaron preciosos.

miércoles, 12 de febrero de 2020

VISITA DE ANXO MOURE

Hoxe visitounos Anxo Moure e  tróuxonos historias das árbores, dos ríos, dos montes, da natureza...Cos seus contos xogamos  a converternos nas árbores que poboan os nosos montes, a escoitar os sons e o amor da natureza nos nosos corazóns. Escoitamos, emocionámonos, cantamos e bailamos co son das súas cantigas e ao ritmo da súa pandeireta. Que ben o pasamosl!!

SERIES LÓXICAS

@s máis peques seguimos traballando as series lóxicas con diferentes elementos, e cada vez nos resulta máis doado. Esta actividade axúdanos a interiorizar a  estruturación espazo-temporal, os criterios de ordenación e secuencias.