miércoles, 20 de marzo de 2013

UNHA TARDE NA BIBLIOTECA

Os nenos e nenas de 4 e 5 anos estiveron na Biblioteca do cole:
Viron os libros, aprenderon a gardar silencio na sala de lectura "lendo" os contos dos Bolechas, escoitaron un conto...

Logo na clase traballaron o conto do GATO LAMBÓN
a través dun edilim.
Se pinchades na foto podedes traballar con el:

REMATA O 2º TRIMESTRE

Os nenos e nenas de 5 anos
fan un bonito mosaico a partires dunha obra de Picasso:
"Xerra, andea e cazola esmaltada"





XA É PRIMAVERA...

...e os peques de 3 anos aprenden a debuxar unha flor.


martes, 19 de marzo de 2013

lunes, 18 de marzo de 2013

A NOSA OBRA DE ARTE

"Natureza morta con peras e mazás"
Paul Cèzanne
Esta é a obra que os peques de 3 anos
interpretaron "pintando" con plastilina.

O proceso...
O resultado...






viernes, 15 de marzo de 2013

miércoles, 13 de marzo de 2013

XOGAMOS COAS REGRETAS

Quen dixo que os nen@s de infantil non saben sumar?
Esta mañá os da clase de 4 anos xogaron coas regretas para facer sumas.



Exposición fotos antigas

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares propuxo a realización dunha exposición de fotos antigas. Para facela cada nen@ podía traer da súa casa ata 2 fotos en branco e negro, canto máis vellas mellor. Desde aquí querémoslle dar as grazas a todas as familias pola súa colaboración. Entre todas as fotos recollidas ata o de agora hai unha especial: a foto da inaguración do primeiro edificio do noso centro durante a época da República. Cando rematen de colocalas veredes que hai auténticas reliquias doutros tempos.

lunes, 11 de marzo de 2013

jueves, 7 de marzo de 2013

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER





Discriminación auditiva

Hoxe na clase dos máis pequenos, na sesión de Estimulación da Linguaxe, estivemos a traballar a discriminación auditiva empregando vídeos coma estes.
                           
Os nenos e nenas de 4 e 5 anos traballaron a discriminación visual a través deste xogo.



martes, 5 de marzo de 2013

lunes, 4 de marzo de 2013

O BOMBEIRO F

Hoxe os maiores de 5 anos coñeceron unha nova personaxe de Letrilandia: o bombeiro f.

Pincha para escoitar o conto:

Canción "bombero f"