luns, 29 de abril de 2019

OS ROBOTS DA AULA DE 3 ANOS

Na aula dos nen@s do mandilón laranxa construíron o seu propio robot, sobre o papel, empregando as formas xeométricas básicas.
Que chulis lles quedaron!





venres, 26 de abril de 2019

ANIVERSARIOS MES DE ABRIL

Este mes están de aniversario:

 En 3 anos: Gabriela, Izan, Martina e Gorka.

 En 4 anos: Ainhara.

En 5 anos: Patricia, Izan e Lucía.

martes, 23 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO

Hoxe nas tres aulas traballamos o día do libro con varias actividades.
Explicámoslles por que é o día 23 de abril e quen foi Cervantes. Escoitaron un pouco da historia e aventuras de Don Quixote e Sancho e logo fixeron debuxos despois de ver un pequeno vídeo sobre o conto. Cadaquén deixou voar a súa imaxinación... e quedaron xeniais!!
Tamén escribiron adiviñas e falamos sobre eses contos infantís de sempre que tanto lles gustan: A Carapuchiña Vermella, Os Tres Porquiños, A Ratiña Presumida, ...

sábado, 13 de abril de 2019

HAPPY EASTER

O equipo de Plurilingüismo este ano organizou unha actividade "A búsqueda do ovo de Pascua". Os nenos e nenas de infantil fixeron unhas cestas para levar o ovo de Pacua. Pola contra, os rapaces de 6º de primaria confeccionaron unhas tarxetas para un nen@ de infantil que lle foi asignado previamente e do que se encargará para lle axudar a buscar os ovos que previamente foron agochados no ximnasio polos membros do equipo de Plurilingüismo. Esta actividade resultou moi entretenida tanto para os maiores coma para os máis pequerrechos. Pasárono xenial.





xoves, 11 de abril de 2019

CHOCOLATA

Como cada semana, adicamos un tempo aos contos. Lectura, dramatización, cancións e debuxo.




venres, 5 de abril de 2019

CONTACONTOS

Hoxe na escola foi unha mañá diferente, xa que desfrutamos dunha sesión de contacontos, actividade proposta polo equipo de biblioteca do centro.
O narrador, Iago, fixo que o pasaramos moi ben. Escoitámolo atentamente e divertímonos moito participando no relato do conto.
"O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas".


martes, 2 de abril de 2019

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Hoxe Teo, da aula dos máis pequerrechos, trouxo un libro da súa casa para compartilo cos seus compañeiros. 
Todos sabemos canto lles gustan aos nenos os contos e a importancia que teñen xa desde ben pequenos. Escoitalos, manipulalos, velos, comentalos, imaxinar que pasa neles, ..., son actividades coas que desfrutan moito, contribuíndo positivamente ao seu pleno desenvolvemento.
 Dado que hoxe é o Día do Libro Infantil aproveitamos para ler o conto de Teo: "Celestino y el mono".
Para rematar, divertímonos todos xuntos cos libros do recuncho da biblioteca da aula.