sábado, 21 de decembro de 2019

NADAL 2019

O mércores pasado tivemos o festival de Nadal no cole, foi un día emocionante e divertido. Para @s nen@s de 3 era o noso primeiro festival  e vivímolo con moita emoción. Para @s nen@s de 4 e 5 aínda que xa estamos experimentados tamén andabamos nerviosos i emocionados. Todos saíu xenial, cantamos, bailamos e divertímonos. Gracias a tod@s @s axudantes, colaborador@s, técnic@s de son e luz,  nais, pais, avós, avoas,...pola asistencia e participación! Aquí vos deixamos os vídeos das actuacións e as fotos da festa de despedida do venres.
Vémonos de volta no cole o día 8 de xaneiro!
 Felices Festas!!🎄












xoves, 19 de decembro de 2019

POSTAIS DE NADAL

As tres aulas paticipamos na proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaborando postais de Nadal.
Entre todas as do cole escollen unha de cada nivel para felicitar ás familias.

En 4 anos, a postal gañadora foi unha do noso edificio, a de Gabriela.

E como todos os anos a ANPA A Uceira fíxolle entrega dun pequeno agasallo.
PARABÉNS!


ANIVERSARIOS DECEMBRO

Hoxe celebramos os aniversarios dos nen@s que cumpren anos no derradeiro mes do ano.
Parabéns aos máis pequerrechos do cole!

3 ANOS

4 ANOS

5 ANOS

martes, 17 de decembro de 2019

PREPARÁNDONOS PARA O NADAL

Xa vai quedando menos e sabémolo ben! Estamos xa moi emocionad@s coa chegada do Nadal, e levamos unhas semanas facendo múltiples actividades en torno a esta data.  Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe dalgunhas actividades  destes días. 


luns, 16 de decembro de 2019

FIN DE PROXECTO "OS INDIOS"

Ao longo  do trimestre aprendemos moito sobre Os Indios coa profe Gloria. Divertímonos coñecendo algúns dos seus costumes: como falan, como visten, como viven,... Hoxe despedimos o proxecto coas nosas cintas e collares  de indios bailando a canción "Luvia tienes que caer". Gracias profe Gloria, pasámolo xenial!!

AVISO IMPORTANTE


venres, 13 de decembro de 2019

FAROIS CHINESES

Na aula de 4 an@s, coa profe Gloria, levan un tempo aprendendo moitas cousas sobre China.
Como remate confeccionamos un farol chinés , moi representativo desta cultura e de cor vermella, xa que esta cor simboliza a boa sorte neste país.


xoves, 12 de decembro de 2019

ADORNOS DE NADAL

Esta semana, os mandilóns laranxas estiveron a facer moitos traballiños de Nadal, e estes dous adornos xa están lucindo nas súas casas.





mércores, 11 de decembro de 2019

SESIÓN DE CONTACONTOS

Esta mañá visitounos Jorge Cervantes , escritor e ilustrador de contos para nen@s. Contoulles aos rapaces dous contos superchulis e logo debuxou ao protagonista do conto. Foi divertidísimo.


martes, 10 de decembro de 2019

XOGAMOS COS NÚMEROS

Na clase de 3 seguimos xogando e aprendendo moito cos números e  as cantidades que representan. Pasámolo xenial!

xoves, 5 de decembro de 2019

6 DE DECEMBRO, DÍA DA CONSTITUCIÓN

Hoxe conmemoramos o día da constitución realizando diferentes actividades para que @s nen@s tomen conciencia dos dereitos e obrigacións que teñen, ben sexa consigo mesmos ou cara os demais.






mércores, 4 de decembro de 2019

E TI, QUE VES AQUÍ?

Deixamos voar a nosa imaxinación, experimentamos xogando co trazo e poñemos título aos nosos debuxos.

martes, 3 de decembro de 2019

O RECUNCHO DA BIBLIOTECA

Todas as semanas, os neno@s da aula de 4 anos, aproveitan algunha sesión da "hora de ler" para ir ao recuncho da biblioteca e desfrutar dos contos dun xeito máis libre.
Cadaquén escolle o seu, algúns compárteno, inventan e imaxinan o que lles acontece aos protagonistas, ..., en definitiva, botan a "voar" a súa imaxinación e creatividade.
Canto lles gusta!



NÚMERO 1: CANTIDADE E GRAFÍA

Na clase de 3 anos seguimos a aprender e a traballar co número 1, facemos diferentes actividades e xogos para integrar o concepto de cantidade e aprender a súa grafía.