venres, 29 de novembro de 2019

ANIVERSARIOS NOVEMBRO

Hoxe festexamos os aniversarios  d@s nos@s peques que cumpriron anos no mes de Novembro! Parabéns a tod@s!!🎈🎉



5 ANOS: IAGO, ÁNGELA  & STHEFANNY

4 ANOS: SARA, NICOLÁS & IAGO


3 ANOS: LUCAS E ANTÓN

martes, 26 de novembro de 2019

VISITA AO CINE

Esta mañá os nen@s da Uceira foron ver a película de FROZEN II ao cine de Leiro. Encantoulles a peli!!!!










SERIES LÓXICAS

Iniciamos o traballo de series lóxicas; primeiro vivenciamos a través do  noso propio corpo: de pé/sentados, mans dentro/fóra dos petos, ollos abertos/pechados,... despois pasamos á vivenciación cos obxectos. As nosas primeiras seriacións atendendo ao criterio de cor. Foi facilísimo e divertímonos moito!

luns, 25 de novembro de 2019

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, todo o centro se sumou á conmemoración deste día estampando as mans moradas nas portas de entrada ao colexio.
Nas aulas tamén se fixeron diferentes actividades e, aproveitamos para traballar a igualdade de xénero e a coeducación a partir do conto dos Bolechas, "Macrofesta no Carballiño", un agasallo para os nenos e nenas por parte do concello. 



venres, 22 de novembro de 2019

xoves, 21 de novembro de 2019

PICAMOS

 A través da técnica do picado, e empregando diferentes tipos de materiais (papel de regalo, xornal e metalizado), os nen@s da aula de 4 anos elaboraron un fantástico traballo moi acorde co tempo de choiva destes días.
Para rematalo fixeron unha morea de pingas con témpera.






mércores, 20 de novembro de 2019

DÍA DA INFANCIA 2019

Hoxe conmemoramos  o DÍA DA INFANCIA, entre tod@s elaboramos un pequeno mural para ocasión. Deixámosvos   o link dunha fermosa   canción para este día: 







luns, 18 de novembro de 2019

EXPRESIÓN PLÁSTICA

Pouco a pouco ímos ampliando  as actividades que facemos na clase de 3 anos, nalgunhas das actividades de expresión plástica que levamos feito ao longo deste mes empregamos diferentes técnicas e materiais. Experimentamos, disfrutamos e aprendemos. Aquí vos deixamos as nosas obras de arte.🎨

xoves, 14 de novembro de 2019

O CORAZÓN

Estes días, na aula de 4 anos, estiveron a aprender moitas cousas sobre o órgano interno máis importante do noso corpo.
O CORAZÓN





MODELAMOS O NÚMERO 1

Os máis peques seguimos xogando e aprendendo co número 1. Nestes días traballamos o seu trazado modelándoo con plastilina.

Fai click na imaxe para ver a presentación
Fai click na imaxe para ver a presentación

mércores, 13 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019

Xa temos lista a reportaxe da festa do Magosto! Comemos os boliños de pan con chourizo, as castañas asadas e despois divertímonos cos xogos populares que adoitamos facer nesta celebración. Pasámolo xenial! 

luns, 11 de novembro de 2019

TRABALLOS DO MAGOSTO

Ao longo destes días traballamos a festa do magosto con diferentes actividades, utilizando en moitas delas castañas.
Velaí algunhas delas!










venres, 8 de novembro de 2019

PREPARÁMONOS PARA O MAGOSTO

Para @s máis peques de Infantil  está por chegar o noso primeiro Magosto no cole, estamos moi emocionad@s con esta celebración!! Esta semana fixemos algunhas actividades e xogos relacionados coas castañas. Xa temos todo a punto para disfrutar da festa e compartir esta nova experiencia co resto de compis do cole.🍁🌰🌰🍂

xoves, 7 de novembro de 2019

DONA CASTAÑA

Como se aproxima a celebración do magosto, os nen@s da aula de 4 anos estiveron a preparar á protagonista desta festa: 
DONA CASTAÑA.
Mirade que feitiña lles quedou!