lunes, 22 de diciembre de 2014

CUCHIPANDA DE NADAL

Despois do grande esforzo realizado polos nen@s chegou a hora de merendar cunha gran festa para celebrar o comezo das vacacións de nadal.

FESTIVAL DE NADAL

Queridas familias esperamos que disfrutarades co festival dos vosos rapaces. Aquí tendes unha pequena presentación de fotos do festival.

sábado, 13 de diciembre de 2014

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO

Este mes están de aniversario en: 

 3 anos: ANXO 


 4 anos:BREOGÁN Y RAFAEL 


 5 anos:SARA

TEMPO DE NADAL

Coa chegada do Nadal,  decoramos o colexio coas manualidades que fixeron os nen@s coa axuda das súas familias. Gracias pola vosa colaboración.

jueves, 4 de diciembre de 2014

OBRA DE ARTE

Coñecemos ao pintor Kandinsky e a súa obra. Logo facemos a nosa interpretación da mesma


ENSARTABLES

Os nen@s de 3 anos realizan colares con bolas de insertar, desta maneira traballan a psicomotricidade fina tan fundamental nesta etapa.

martes, 2 de diciembre de 2014

SESIÓN DE CINE

Esta mañá os nen@s do edificio da Uceira e do Calvo Sotelo fixeron unha excursión  ao pobo de Leiro para asistir a unha sesión de cine. Viron a película "LOS PINGÜINOS DE MADAGASCAR". 
Foi unha experiencia moi bonita, especialmente para os de 3 anos que era a súa primeira saída.