viernes, 29 de mayo de 2015

ANIVERSARIOS DE MAIO

Este mes están de aniversario:

En 3 anos: TEO


En 4 anos: DANIEL TABOADA E CARLOS


En 5 anos: MARCOS, CAROLINA E CHRISTIAN.

jueves, 21 de mayo de 2015

VISERAS DE CORES

Os nen@s de 3 anos decoraros cadansúa visera con témperas de moitas cores. Xa podemos xogar ao sol.

O TRAXE GALEGO

Unha parte da nosa cultura é o folklore, os nen@s de 4 anos coñeceron a música tradicional galego así  coma o traxe típìco de Galicia. A continuación dibuxaron o traxe típico.

ELMO

Xa para rematar coa caixa de valores emocionais, cada nen@ pintou o coñecido personaxe "Elmo".

PEIXES VERMELLOS DE MATISSE

Coñecemos un pouco deste gran pintor "Matisse", traballamos sobre a súa obra "Peixes vermellos", empregando diversas técnicas artísticas.

lunes, 18 de mayo de 2015

CORRELINGUA

Este ano para a celebración das Letras Galegas, cada aula elaborou unha pancarta cun lema relacionado coa nosa lingua. O venres pola mañá desfilou cada clase coa súa pancarta polo patio para rematar no pavillón onde colocamos as pancartas e todos cantamos unha canción.

A COMBA

Os nen@s de 5 anos están aprendendo a saltar á comba na clase de ximnasia.


Seguimos coa caixa de Elmo para que a leven para os outros edificios.

O CASULO DE SEDA

Despois de varios días comendo sen parar, os vermes de seda fixeron o casulo.

martes, 12 de mayo de 2015

A CAIXA DOS HÁBITOS SAUDABLES

Comezamos o proxecto de LA CAIXA sobre os hábitos saudables tomando como referencia o famoso pernonaxe de Barrio Sésamo "Elmo".