domingo, 18 de decembro de 2022

CUMPLES DE DECEMBRO🎂

Este mes de DECEMBRO tocou celebrar o cumple dos PEQUERRECH@S do cole.COMO MEDRAN!!!

Na clase de 3 anos festexamos o cumple de Violeta.


E na clase de 4 ANOS estiveron de cumple Leo e Noé❤️❤️



Parabéns para todos!!



martes, 6 de decembro de 2022

Primeiros meses no cole


Xa case pasou un trimestre e os pequerrechos de 3 anos  van progresando na súa adaptación ao cole! Desfrutade moito con este pequeno vídeo!!



 

luns, 28 de novembro de 2022

CUMPLES DE NOVEMBRO!!!🎂

Neste mes de NOVEMBRO tocou celebrar cumples de novo nas clases de 3, 4 e 5 anos. Como medramos!!!💞



 


Parabéns para todos e todas!






















luns, 31 de outubro de 2022

Cumples de outubro

Coincidindo coa celebración do Samaín o venres festexamos os "cumples" do mes de outubro.

Na clase de 3 anos estivo de aniversario Aroa.




E na clase dos maiores, os de 5,  festexamos nada menos que 7 "cumples"!!, os de: Lara, Xiana, Luca, Agustín, Marcos, Daniela e Sofía. 



Parabéns para todos e todas!! 




SAMAÍN TERRORÍFICO NA UCEIRA

Este venres celebramos o Samaín no cole e nenos e nenas chegaron  dando moitíiiisimo medo!!. Pasámolo xenial!! As mestras de inglés contáronlles  un conto de halloween aos peques e ademais tivemos tempo para cantar,  bailar e rematar algúns traballiños de Samaín dos que se fixeron nas aulas  ao longo desta semana.

Coñecedes a estes? Son os pequerrechiños do cole, os de tres anos!!







OS DE 4 ANOS NON FORON MENOS TERRORÍFICOS🎃🎃🎃!!!




E estes son os de 5 anos. Que medo dan!!!

                       

                        


Moitas grazas familias por tan bo traballo!!. Sodes uns artistas!!


 

venres, 24 de xuño de 2022

BAILES FIN DE CURSO 21-22

 

Para despedir o curso 21-22 preparamos este baile coa intención de que vos guste a todos e todas. Nós desfrutamos un montón tanto nos ensaios como na actuación







luns, 20 de xuño de 2022

GRADUACIÓN EDUCACIÓN INFANTIL

 O alumnado de 6º de infantil graduouse hoxe entre aplausos de profes, compañeir@s e familias💙. Aquí vos deixamos algunhas imaxes deste día tan emotivo e un vídeo para homenaxear o gran percorrido que fixemos durante estes tres primeiros anos na escola.  Sempre xuntos, TODOS E TODAS SOMOS CAPITÁNS, COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE LUGAR. 

 Manuel, Fabiana, Lola, León, Antón, Sabela, Lucas, Valeria, Xián, India, Adrián, Yadranka, Alicia, Alba, Mauro, Alexia, Xabier, Triana, Shaila, Paula, Naia, Sergio e Gabriel...GRAZAS💝





domingo, 19 de xuño de 2022

martes, 14 de xuño de 2022

PRIMEIROS AUXILIOS

PRIMEIROS AUXILIOS

 Tivemos a gran sorte de que Lucía e Olaia viñesen ao cole para informarnos de algo tan importante como é saber actuar en caso dunha emerxencia sanitaria




EXCURSIÓN FIN DE CURSO



 O pasado xoves por fin fixemos unha excursión despois de tanto tempo!

Visitamos o acuario de O Grove e  despois desfrutamos un pouco da praia. 

Pasámolo xenial!🐟🐠🐡💙💚





martes, 31 de maio de 2022

ANIVERSARIOS MES DE MAIO

 Festexamos no cole os aniversarios do mes de maio !

 Parabéns a todos e todas!💛🎈🎊🎊🎈





venres, 13 de maio de 2022

SAÍDA AO AUDITORIO

 Hoxe foi un día emocionante,  fomos ao auditorio de Carballiño a ver o filme VALENTINA. Desfrutamos moito coa actividade, encántounos o filme, unha historia chea de valores e superación.💙💚💛💜





BICHOS FÓRA!

 Esta semana recibimos a visita de persoal sanitario, viñeron a lembrarnos a importancia dunha correcta hixiene de mans, como debemos facer para lavalas ben para eliminar  os xermes!👾🚿




luns, 2 de maio de 2022

ANIVERSARIOS ABRIL

O pasado venres festexamos os aniversarios dos nenos e nenas que cumpliron anos no mes de abril, PARABÉNS A TODOS E TODAS!!💐🎈🎈💜💜