Amosando publicacións coa etiqueta Diversidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Diversidade. Amosar todas as publicacións

venres, 13 de maio de 2022

SAÍDA AO AUDITORIO

 Hoxe foi un día emocionante,  fomos ao auditorio de Carballiño a ver o filme VALENTINA. Desfrutamos moito coa actividade, encántounos o filme, unha historia chea de valores e superación.💙💚💛💜





martes, 1 de febreiro de 2022

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 Esta semana  participamos na conmemoración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia, tod@s xunt@s aprendemos a respectarnos e querernos coas nosas diferenzas e semellanzas. Compartimos os nosos  traballos e deixámosvos o enlace á canción sobre a que traballamos este ano para resaltar esta data.   Grazas ao Equipo de    actividades complementarias e extraescolares e ao Equipo de Convivencia Escolar. ☮💙☮

3 anos

4 anos

4 anos

5 anos



venres, 3 de decembro de 2021

3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Traballamos en torno a este día poñendo o acento nos dereitos que todos e todas temos sen importar  as nosas capacidades e limitacións.  Todos somos diferentes e ao mesmo tempo todos somos iguais, somos nenos e nenas con capacidades diferentes todos nós, pero cun mesmo 💓. Mudemos a discapacidade en DIVERCAPACIDADE.💙💚💛💜💗