Amosando publicacións coa etiqueta Contos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contos. Amosar todas as publicacións

martes, 1 de febreiro de 2022

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 Esta semana  participamos na conmemoración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia, tod@s xunt@s aprendemos a respectarnos e querernos coas nosas diferenzas e semellanzas. Compartimos os nosos  traballos e deixámosvos o enlace á canción sobre a que traballamos este ano para resaltar esta data.   Grazas ao Equipo de    actividades complementarias e extraescolares e ao Equipo de Convivencia Escolar. ☮💙☮

3 anos

4 anos

4 anos

5 anos



venres, 3 de decembro de 2021

3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Traballamos en torno a este día poñendo o acento nos dereitos que todos e todas temos sen importar  as nosas capacidades e limitacións.  Todos somos diferentes e ao mesmo tempo todos somos iguais, somos nenos e nenas con capacidades diferentes todos nós, pero cun mesmo 💓. Mudemos a discapacidade en DIVERCAPACIDADE.💙💚💛💜💗



martes, 16 de novembro de 2021

martes, 15 de decembro de 2020

A DETECTIVE PEREGRINA E O MISTERIO DE NADAL

Onte viñeron a visitarnos a compañía Polo correo do vento,  tres rapaces que nos contaron unha historia de Nadal moi singular: a detective Peregrina e o seu can salchicha Magnum teñen ante eles un misterioso caso por resolver!

Encantounos a combinación desta historia contada, cantada e debuxada! Grazas a Enrique, Carlos e Roberto por esta sesión de contacontos tan divertida!!







xoves, 3 de decembro de 2020

UN PAN MOI ESPECIAL!

Os máis peques de infantil hoxe convertímonos en pequenos panadeiros e fixemos os nosos boliños de pan no cole! Quedáronnos uns bolos ben xeitosos! Agora a cocer na casa e a merendar!! Que ricos!!😋😋😋

Grazas familias pola vosa colaboración!








luns, 23 de novembro de 2020

O GATO QUE SUBIU Á ÁRBORE

 Despois da sesión de "A hora de ler" onde a profe lles narrou o conto"O GATO QUE SUBIU Á ÁRBORE", os nen@s dibuxaron o que máis lles gustou do conto.







mércores, 18 de novembro de 2020

JUAN E AS FABAS MÁXICAS

 Hoxe coñecemos a historia de Juan e as fabas máxicas, un conto no que apareceron máis alimentos dos que chegaron misteriosamente á nosa aula! Xa só nos queda  saber de quen serán a fariña e os ovos!! 🔍Seguiremos investigando e aprendendo!😊