sábado, 31 de outubro de 2020

SAMAIN 2020

 Compartimos a reportaxe das actividades e xogos en torno ó festexo do Samaín. 
Pasámolo terroríficamente ben!!👿👿👾👾

venres, 30 de outubro de 2020

ANIVERSARIOS OUTUBRO

 Este mes están de aniversario:

En 3 anos: Agustín e Xiana

En 5 anos. Simón, Teo, Laia e Lucas.

Este mes non hai aniversarios en 4 anos. Parabéns a tod@s

luns, 26 de outubro de 2020

ERNESTINA OTERO

 Esta mañá tivemos a visita dun ilustrador e un contacontos. Mentres o contacontos nos relataba a modo de conto a biografía dun mestra de Redondela, o ilustrador ía realizando unha caricatura de Ernestina Otero.

Ó rematar a historia, o ilustrador ensinou aos nen@s a facer unha caricatura de maneira moi sinxela e rápida. Foi super divertido e o resultado ESPECTACULAR!!!!




mércores, 21 de outubro de 2020

TRAZOS E MÁIS TRAZOS

 Seguimos traballando a grafo de xeitos diferentes e apostando polas creacións artísticas.









luns, 19 de outubro de 2020

XERMÁN, O COCIÑEIRO

 ESTA MAÑÁ ATOPAMOS UNHA CAIXA SORPRESA NA CLASE. Ó ABRILA DESCUBRIMOS UN LIBRO DE RECEITAS E UNHA NOTA ONDE O COCIÑEIRO XERMÁN NOS PEDÍA AXUDA POIS PERDERA OS INGREDINTES DO SEU LIBRO DE RECEITAS. NÓS AXUDÁMOSLLE E ENTRE TODOS CONSEGUIMOS ACABAR O LIBRO DE RECEITAS.



O NÚMERO 4

 As nenas e nenos de 4 anos seguimos avanzando no traballo da recta numérica, desta volta estamos a coñecer un pouco máis o concepto do número 4, en torno ao que temos feito varios traballos e xogos.












xoves, 15 de outubro de 2020

15 DE OUTUBRO, DÍA MUNDIAL DE LAVAR AS MANS

 Hoxe, 15 de outubro, é o día mundial de lavar as mans; as nenas e nenos de Infantil do noso cole estamos máis que concienciadas/os da importancia que este xesto ten para a nosa saúde,   máis aínda nas circunstancias actuais. Aquí vos deixamos as fotos das actividades e tamén un conto e a  canción que traballamos. 💧💧✋✋💧💧😉









martes, 13 de outubro de 2020

O REI U

Continuamos coas nosas aventuras polo País das Letras, aprendemos e divertímonos coa canción do rei U e  traballamos a súa grafía.







CANCIÓN REI U



venres, 9 de outubro de 2020

O NOSO PRIMEIRO OUTONO NO COLE

 As nenas e nenos de 3 anos estes días estamos a vivir o noso primeiro outono no cole; xa levamos feito unha morea de xogos e actividades coas que aprendemos e  pasámolo de marabilla! Deixámosvos as fotos e tamén a canción que aprendemos.


CANCIÓN "LOS CHARQUITOS"

GRAFOMOTRICIDADE na aula de 4 anos

Encántannos estas actividades de camiños, montañas, ondas do mar, pontes, burbullas, ... Desfrutamos con estas actividades ao tempo que traballamos a preescritura.










mércores, 7 de outubro de 2020

O REI U

 As nenas e nenos de 4 anos empezamos as nosas aventuras no País das Letras; Coñecemos ao Señor Estudioso que nos presentou ao Rei de Letrilandia: O REI U. Aquí vos deixamos o conto e os nosos primeiros traballos.













luns, 5 de outubro de 2020

ELMER

 Elmer é un elefante moi especial,  con el aprendemos que todos somos  iguais e á par  diferentes,  e temos dereito a ser aquelo que desexemos ser. Coa súa historia reflexionamos e aprendemos,  coas súas cores  divertímonos.

Premede no enlace para coñecer a súa historia.👉https://www.youtube.com/watch?v=T3u0AoA-E-s















venres, 2 de outubro de 2020

LISTAXES DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/21

Familias, aquí vos deixamos as listaxes de material escolar para o alumnado de E.I.  3, 4 e 5 anos do edificio Uceira. 📋📌

LISTA MATERIAL 3 ANOS


LISTA MATERIAL 4 ANOS


LISTA MATERIAL 5 ANOS



xoves, 1 de outubro de 2020

BENVIDO OUTONO!!

 Xa está aquí de novo o Outono e na aula de 4 anos démoslle a benvida con diferentes actividades plásticas!!