mércores, 13 de marzo de 2013

Exposición fotos antigas

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares propuxo a realización dunha exposición de fotos antigas. Para facela cada nen@ podía traer da súa casa ata 2 fotos en branco e negro, canto máis vellas mellor. Desde aquí querémoslle dar as grazas a todas as familias pola súa colaboración. Entre todas as fotos recollidas ata o de agora hai unha especial: a foto da inaguración do primeiro edificio do noso centro durante a época da República. Cando rematen de colocalas veredes que hai auténticas reliquias doutros tempos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario