Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

sábado, 21 de decembro de 2024

VISITA DE PAPÁ NOEL

Onte recibimos unha vista moi especial.... QUE ILUSIÓN!!! A mellor maneira de rematar o trimestre e irnos de vacacións!!🎅

Desexámosvos a tod@s unhas Felices Festas e un  Bo Nadal!💖🎄✨

Vémonos de volta no cole o MÉRCORES 8 DE XANEIRO.


mércores, 12 de xaneiro de 2022

VOLTA AO COLE CON SORPRESA

 Xa estamos de volta!!

 👑Os Reis Magos de Oriente👑 pasaron polo cole e deixaron algúns agasallos🎁🎁💝.













 

martes, 21 de decembro de 2021

FELICES VACACIÓNS

Rematamos o 1º trimestre! Noraboa a todos os nenos e nenas!! 

Agora toca descansar e  desfrutar moito do tempo en familia! 

🎄FELICES VACACIÓNS! 🎅

Vémonos de volta  no cole o luns día 10 de Xaneiro.




🎄🎅🎄🎅🎄

martes, 22 de decembro de 2020

DESPEDIDA DE NADAL

Rematou o 1º trimestre e ímonos xa de vacacións! Despois destes meses de esforzo e traballo arreo dos nosos cativos e cativas, non quixemos rematar sen que  tiveran a súa festa de Nadal coma outros anos, aínda que nesta ocasión un chisco diferente. Tamén nos lembramos das familias, de canto desfrutan coas actuacións de Nadal no cole, por iso, aínda que dun xeito diferente, preparamos este pequeno vídeo sorpresa para todas e todos. Agardamos que  o desfrutedes!! As nenas e nenos de infantil  desexámosvos un BO NADAL E FELICES VACACIÓNS!!💝🎄🎅👦👧🎁🎄

VÉMONOS DE VOLTA NO COLE  O VENRES 8 DE XANEIRO


mércores, 16 de decembro de 2020

TEMPO DE NADAL

 Todos sabemos que o Nadal anda cerca, xa estamos emocionad@s, nervios@s, cavilando nas peticións a Papá Noel e aos Reis Magos. Estes días no cole ambientamos a aula, facemos manualidades para decorar a árbore, cantamos e bailamos cantigas de Nadal,... Facemos unha morea de cousas para preparar a chegada destas datas que aos cativos e cativas tanto nos ilusionan.🎄🎅🎄🎅