martes, 12 de abril de 2022

FELIZ SEMANA SANTA

 Felices vacacións de Semana Santa a todos!💙💚


Vémonos no cole o martes 19 de Abril!


huevo-de-pascua-imagen-animada-0037

xoves, 31 de marzo de 2022

ANIVERSARIOS MES DE MARZO

Parabéns a tódolos nenos e nenas que cumpliron anos no mes de Marzo!🎈🎈🎈💚💛💜









xoves, 17 de marzo de 2022

SEMANA DA PRENSA 2022

Durante a semana da prensa traballamos nas aulas  o espírito crítico do noso alumnado fomentando desde idades temperás a análise da información á que estamos expostos como sociedade. Nestes días  que tivemos os xornais nas aulas aprendemos, traballamos, cooperamos e,  sobre todo,  divertímonos!
💙📺💻📱📰📻



Os nenos e nenas de 3  anos tamén  estivemos traballando coa prensa, vimos as partes dun xornal impreso e tamén a súa versión web.  Para esta manualidade utilizamos as tesoiras por primeira vez e no anaco do centro fixemos un debuxo de nós mesmos, traballando así o esquema corporal.

💚📰💻



mércores, 9 de marzo de 2022

8M_2022 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Ao longo destes días o alumnado de Ed. Infantil participamos en diferentes propostas en torno á data do 8M, conmemoración  do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Este curso traballamos baixo o lema :

💜"Que ninguén corte as túas ás".💜

venres, 25 de febreiro de 2022

VENRES DE ENTROIDO E ANIVERSARIOS FEBREIRO

Chegou o gran día!! O cole encheuse de SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS!! E tivemos festexo por partida dobre, xa que tamén celebramos os aniversarios do mes de febreiro, 

PARABÉNS A TODOS E TODAS!!! 🎉🎊🎊🎈

Agora tocan uns días de descanso e troula, vémonos de volta no cole o XOVES 3 DE MARZO!

🎭🎭FELIZ ENTROIDO🎭🎭

 

 5 anos

3 anos


3 anos

4 anos

5 anos

5 anos


 

xoves, 24 de febreiro de 2022

mércores, 23 de febreiro de 2022

MÉRCORES, TOD@S ELEGANTES

O Meco mandou adornar os pescozos, e tod@s elegantes viñemos ao cole!🎭

3 anos

4 anos

5 anos

 

martes, 22 de febreiro de 2022

MARTES, MANDILES A ESGALLA

 O Meco mandou: o martes mandil, e xa o  vedes, @s de infantil a cumprir!!🎭


3 anos

4 anos

5 anos


luns, 21 de febreiro de 2022

martes, 1 de febreiro de 2022

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 Esta semana  participamos na conmemoración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia, tod@s xunt@s aprendemos a respectarnos e querernos coas nosas diferenzas e semellanzas. Compartimos os nosos  traballos e deixámosvos o enlace á canción sobre a que traballamos este ano para resaltar esta data.   Grazas ao Equipo de    actividades complementarias e extraescolares e ao Equipo de Convivencia Escolar. ☮💙☮

3 anos

4 anos

4 anos

5 anos



venres, 28 de xaneiro de 2022

ANIVERSARIOS XANEIRO

 Hoxe festexamos no cole os aniversarios do mes de xaneiro, cumpren anos os máis maiores da clase!!! 

Parabéns Alba!!🎈🎉🎈😎