venres, 3 de decembro de 2021

3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Traballamos en torno a este día poñendo o acento nos dereitos que todos e todas temos sen importar  as nosas capacidades e limitacións.  Todos somos diferentes e ao mesmo tempo todos somos iguais, somos nenos e nenas con capacidades diferentes todos nós, pero cun mesmo 💓. Mudemos a discapacidade en DIVERCAPACIDADE.💙💚💛💜💗



venres, 26 de novembro de 2021

ANIVERSARIOS NOVEMBRO

 Hoxe festexamos no cole os aniversarios das nenas e nenos que cumplen anos no mes de Novembro. Parabén a todos e todas!!🎉🎉👑🎉🎉





martes, 16 de novembro de 2021

venres, 12 de novembro de 2021

MAGOSTO 2021

 O xoves día 11  festexamos o Magosto no cole, desfrutamos cos xogos tradicionais e tamén cos bolos preñados e as castañas asadas!!😊😋💙

martes, 9 de novembro de 2021

PEGADAS VIAXEIRAS_ A VOLTA AO MUNDO_1

Iniciamos as nosas aventuras viaxeiras para coñecer e aprender moito sobre outros países e os continentes. Con moito misterio e ilusión empezamos A volta ao mundo  en 80 días con Phileas Fogg.🌍💙

venres, 5 de novembro de 2021

sábado, 30 de outubro de 2021

SAMAÍN E HALLOWEEN 2021

As nenas e nenos de Infantil desexámosvos a todos e todas feliz Samaín e feliz Halloween!!🎃🎃

venres, 29 de outubro de 2021

ANIVERSARIOS OUTUBRO

 Hoxe festexamos no cole os aniversarios do mes de Outubro.

Parabéns a LUCA, AGUSTÍN, XIANA, SOFÍA E DANIELA.🎉🎉🎈.




mércores, 27 de outubro de 2021

GRAFISMOS

Seguimos avanzando no control da man e do brazo a través dos grafismos creativos cos que tanto desfrutamos!💛



xoves, 21 de outubro de 2021

OS VOLCÁNS

 Nestes días os nenos e as nenas de infantil non somos alleos aos temas de actualidade, OS VOLCÁNS  é  unha temática que espertou a nosa curiosidade e interese xa que escoitamos, lemos e vemos noticias a diario sobre o que está a acontecer. Aproveitamos para satisfacer a nosa curiosidade á par que aprendemos e nos divertimos. Compartimos un breve resumo das nosas aprendizaxes!💜


martes, 5 de outubro de 2021

LISTAS DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/22 EDIFICIO UCEIRA


Podedes consultar  nas imaxes os materiais para cada nivel; as especificacións atoparédelas nas listas impresas que levan os nenos e nenas para casa. Se tedes dúbidas contactade coas titoras. Grazas!