Nestes días traballamos os alimentos xogando cos cinco sentidos; Divertímonos e aprendemos experimentando cos olores, sabores, aspecto, tacto e son de diferentes tipos de alimentos.
martes, 19 de xaneiro de 2021
venres, 15 de xaneiro de 2021
E TI, COMES BEN?
Seguimos investigando e aprendendo sobre os alimentos. Esta semana traballamos na idea de "comer ben", como facelo de xeito saudable, escollendo unha dieta variada, incorporando vexetais, peixe, legumes, carnes,lácteos, cereais,... e tendo moito moito coidado coas larpeiradas. Conversamos, buscamos algo de información, establecemos algunha que outra conclusión e, finalmente, elaboramos os nosos menús saudables.
venres, 8 de xaneiro de 2021
VOLTA AO COLE CON SORPRESA
Retomamos hoxe a actividade nas aulas logo duns días de descanso, un pouco preguiceiros e con algo de sono, pero con moita ilusión e ganas de compartir cos amigos e amigas as vivencias deste Nadal, ganas de falar dos agasallos que Papá Noel e os Reis Magos foron deixando espallados polas casas dos cativos e cativas do Carballiño. E por suposto, coa emoción de chegar ao cole e atopar tamén agasallos nas aulas! Feliz comezo de trimestre para todos e todas! Arrancamos!😊👍
martes, 22 de decembro de 2020
DESPEDIDA DE NADAL
Rematou o 1º trimestre e ímonos xa de vacacións! Despois destes meses de esforzo e traballo arreo dos nosos cativos e cativas, non quixemos rematar sen que tiveran a súa festa de Nadal coma outros anos, aínda que nesta ocasión un chisco diferente. Tamén nos lembramos das familias, de canto desfrutan coas actuacións de Nadal no cole, por iso, aínda que dun xeito diferente, preparamos este pequeno vídeo sorpresa para todas e todos. Agardamos que o desfrutedes!! As nenas e nenos de infantil desexámosvos un BO NADAL E FELICES VACACIÓNS!!💝🎄🎅👦👧🎁🎄
VÉMONOS DE VOLTA NO COLE O VENRES 8 DE XANEIRO
venres, 18 de decembro de 2020
mércores, 16 de decembro de 2020
TEMPO DE NADAL
Todos sabemos que o Nadal anda cerca, xa estamos emocionad@s, nervios@s, cavilando nas peticións a Papá Noel e aos Reis Magos. Estes días no cole ambientamos a aula, facemos manualidades para decorar a árbore, cantamos e bailamos cantigas de Nadal,... Facemos unha morea de cousas para preparar a chegada destas datas que aos cativos e cativas tanto nos ilusionan.🎄🎅🎄🎅
martes, 15 de decembro de 2020
A DETECTIVE PEREGRINA E O MISTERIO DE NADAL
Onte viñeron a visitarnos a compañía Polo correo do vento, tres rapaces que nos contaron unha historia de Nadal moi singular: a detective Peregrina e o seu can salchicha Magnum teñen ante eles un misterioso caso por resolver!
Encantounos a combinación desta historia contada, cantada e debuxada! Grazas a Enrique, Carlos e Roberto por esta sesión de contacontos tan divertida!!
venres, 4 de decembro de 2020
BARCO PIRATA Á VISTA !!
Traballamos a pre-escritura con diferentes actividades de grafo e divertímonos imaxinando e creando barcos piratas para as ondas do mar que trazamos.
xoves, 3 de decembro de 2020
UN PAN MOI ESPECIAL!
Os máis peques de infantil hoxe convertímonos en pequenos panadeiros e fixemos os nosos boliños de pan no cole! Quedáronnos uns bolos ben xeitosos! Agora a cocer na casa e a merendar!! Que ricos!!😋😋😋
Grazas familias pola vosa colaboración!
RAÍÑA A
Na clase de 4 anos seguimos aprendendo co Señor Estudioso, estes días coñecemos a outro dos personaxes do País das Letras: A raíña A.
venres, 27 de novembro de 2020
ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO
Este mes están de aniversario:
En 3 anos SAMUEL
En 4 anos: LUCAS E ANTÓN
En 5 anos: NICOLÁS, IAGO e SARA
mércores, 25 de novembro de 2020
25N, DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe conmemórase o DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, unha data que debemos traballar a diario desde as nosas actitudes e comportamentos como sociedade, para que os nosos cativos e cativas medren en igualdade.
✋ NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO ✋
























