Festexamos no cole os aniversarios do mes de maio !
Parabéns a todos e todas!💛🎈🎊🎊🎈
Hoxe foi un día emocionante, fomos ao auditorio de Carballiño a ver o filme VALENTINA. Desfrutamos moito coa actividade, encántounos o filme, unha historia chea de valores e superación.💙💚💛💜
Esta semana recibimos a visita de persoal sanitario, viñeron a lembrarnos a importancia dunha correcta hixiene de mans, como debemos facer para lavalas ben para eliminar os xermes!👾🚿
O pasado venres festexamos os aniversarios dos nenos e nenas que cumpliron anos no mes de abril, PARABÉNS A TODOS E TODAS!!💐🎈🎈💜💜
Ao longo destes días o alumnado de Ed. Infantil participamos en diferentes propostas en torno á data do 8M, conmemoración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Este curso traballamos baixo o lema :
💜"Que ninguén corte as túas ás".💜
Chegou o gran día!! O cole encheuse de SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS!! E tivemos festexo por partida dobre, xa que tamén celebramos os aniversarios do mes de febreiro,
PARABÉNS A TODOS E TODAS!!! 🎉🎊🎊🎈
Agora tocan uns días de descanso e troula, vémonos de volta no cole o XOVES 3 DE MARZO!
🎭🎭FELIZ ENTROIDO🎭🎭
| 3 anos |
| 4 anos |
| 5 anos |
| 5 anos |