Na clase de 4 anos seguimos aprendendo co Señor Estudioso, estes días coñecemos a outro dos personaxes do País das Letras: A raíña A.
xoves, 3 de decembro de 2020
venres, 27 de novembro de 2020
ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO
Este mes están de aniversario:
En 3 anos SAMUEL
En 4 anos: LUCAS E ANTÓN
En 5 anos: NICOLÁS, IAGO e SARA
mércores, 25 de novembro de 2020
25N, DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe conmemórase o DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, unha data que debemos traballar a diario desde as nosas actitudes e comportamentos como sociedade, para que os nosos cativos e cativas medren en igualdade.
✋ NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO ✋
COÑECEMOS A DEREITA E A ESQUERDA.
luns, 23 de novembro de 2020
GRAFOMOTRICIDADE
O GATO QUE SUBIU Á ÁRBORE
Despois da sesión de "A hora de ler" onde a profe lles narrou o conto"O GATO QUE SUBIU Á ÁRBORE", os nen@s dibuxaron o que máis lles gustou do conto.
venres, 20 de novembro de 2020
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
xoves, 19 de novembro de 2020
DE ONDE VEÑEN OS ALIMENTOS?
Esta semana investigamos e aprendemos sobre a orixe dos alimentos; a través de vídeos, libros e folletos do súper aprendemos un pouco máis do que xa sabiamos sobre o asunto. Despois da búsqueda da información (e de non poucos debates😉😀) elaboramos os nosos traballos sobre o aprendido.
mércores, 18 de novembro de 2020
JUAN E AS FABAS MÁXICAS
Hoxe coñecemos a historia de Juan e as fabas máxicas, un conto no que apareceron máis alimentos dos que chegaron misteriosamente á nosa aula! Xa só nos queda saber de quen serán a fariña e os ovos!! 🔍Seguiremos investigando e aprendendo!😊
luns, 16 de novembro de 2020
TRABALLOS DO NÚMERO 4
Na clase de 4 seguimos traballando e aprendendo co número 4: trazado, cantidade, descomposición, diferentes formas de representación,...
venres, 13 de novembro de 2020
MAGOSTO 2020
Este ano tivemos que festexar un Magosto diferente, pero aínda con todo, desfrutamos e pasámolo moi ben durante toda a semana facendo xogos, manualidades e actividades variadas para conmemorar esta festa tan nosa. 🍁🌰🌰🍁
martes, 10 de novembro de 2020
PEQUENOS E PEQUENAS INVESTIGADOR@S
Imos facendo avances nas nosas investigacións, xa descubrimos que outro dos alimentos que había na cesta pertence ao conto "Riciños de Ouro e os 3 osos".












