mércores, 25 de novembro de 2020
COÑECEMOS A DEREITA E A ESQUERDA.
luns, 23 de novembro de 2020
GRAFOMOTRICIDADE
O GATO QUE SUBIU Á ÁRBORE
Despois da sesión de "A hora de ler" onde a profe lles narrou o conto"O GATO QUE SUBIU Á ÁRBORE", os nen@s dibuxaron o que máis lles gustou do conto.
venres, 20 de novembro de 2020
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
xoves, 19 de novembro de 2020
DE ONDE VEÑEN OS ALIMENTOS?
Esta semana investigamos e aprendemos sobre a orixe dos alimentos; a través de vídeos, libros e folletos do súper aprendemos un pouco máis do que xa sabiamos sobre o asunto. Despois da búsqueda da información (e de non poucos debates😉😀) elaboramos os nosos traballos sobre o aprendido.
mércores, 18 de novembro de 2020
JUAN E AS FABAS MÁXICAS
Hoxe coñecemos a historia de Juan e as fabas máxicas, un conto no que apareceron máis alimentos dos que chegaron misteriosamente á nosa aula! Xa só nos queda saber de quen serán a fariña e os ovos!! 🔍Seguiremos investigando e aprendendo!😊
luns, 16 de novembro de 2020
TRABALLOS DO NÚMERO 4
Na clase de 4 seguimos traballando e aprendendo co número 4: trazado, cantidade, descomposición, diferentes formas de representación,...
venres, 13 de novembro de 2020
MAGOSTO 2020
Este ano tivemos que festexar un Magosto diferente, pero aínda con todo, desfrutamos e pasámolo moi ben durante toda a semana facendo xogos, manualidades e actividades variadas para conmemorar esta festa tan nosa. 🍁🌰🌰🍁
martes, 10 de novembro de 2020
PEQUENOS E PEQUENAS INVESTIGADOR@S
Imos facendo avances nas nosas investigacións, xa descubrimos que outro dos alimentos que había na cesta pertence ao conto "Riciños de Ouro e os 3 osos".
venres, 6 de novembro de 2020
UN PAN ESPECIAL
Esta semana as nenas e nenos de 4 e 5 anos fixemos pan no cole... QUE RICO NOS QUEDOU!!! 😍🍞🍞
martes, 3 de novembro de 2020
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Esta semana no cole tomamos un vaso de leite cos almorzos de media mañá (PROGRAMA ALIMÉNTATE BEN). Aproveitando que estamos traballando os alimentos e a cociña falamos dos beneficios nutricionais do leite e dos aportes que os produtos lácteos nos dan para crecer fortes e sans.
Deixámosvos o enlace ao programa por se queredes saber máis.
👉https://alimentateben.xunta.gal/gl/lacteos_na_escola/
![]() |
| 3 anos |
| 4 anos |
![]() |
| 5 anos |













