domingo, 28 de marzo de 2021

CREAMOS COLLAGE

Imitando a técnica inventada por Picasso, cada nen@ creou o seu collage personalizado.


venres, 26 de marzo de 2021

ANIVERSARIOS MARZO

 Este mes están de aniversario:

En 3 anos: Adrián, Iago, Kel e Martín


En 4 anos:Adrián, Triana, León,Yadranka, Sergio e Lola.

En 5 anos: Yoel e Noa.


PARABÉNS A TOD@S

luns, 8 de marzo de 2021

luns, 1 de marzo de 2021

SUMAS EN EQUIPO

 Na aula de 4 traballamos a iniciación á  suma con xogos divertidos e traballo en quipo. Xogamos, vivenciamos e representamos gráficamente o proceso da suma.







venres, 26 de febreiro de 2021

ANIVERSARIOS MES DE FEBREIRO

 Este mes están de aniversario:

En 4 anos:

     En 5 anos: Carlos e Chantal

Parabéns a tod@s

xoves, 25 de febreiro de 2021

O ABECEDARIO DE 4 ANOS

 Na clase de 4 anos levamos un tempo traballando coa canción O abecedario de MAGIN BLANCO, e decidimos facer algunha actividade de lectoescritura en torno a ela, velaquí o resultado...

mércores, 24 de febreiro de 2021

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Hoxe conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro e os nenos e nenas de infantil participamos na actividade proposta polo E.D.L.G. aprendendo, escribindo e ilustrando uns versos do  poema O arco dos soños. 




sábado, 20 de febreiro de 2021

PROXECTO COCIÑA E ALIMENTOS

 As e os máis peques do cole rematamos o proxecto de cociña e alimentos; ao longo destes meses aprendemos moito e divertímonos con diferentes actividades. Aquí vos deixamos un pequeno resumo dalgunhas das actividades que fixemos ao longo do proceso. Queremos agradecer ás familias a colaboración prestada nalgunhas das actividades, GRAZAS!😀


venres, 19 de febreiro de 2021

A PEQUEORQUESTA

 Os nen@s de 3 anos confeccionaron instrumentos con envases de leite bebible e arroz. Unha vez decorados, tocaron e bailaron ao son das súas maracas.







sábado, 13 de febreiro de 2021

ENTROIDO 2021

 Os nenos e nenas da Uceira quixemos festexar algo de entroido,  aínda que fose dun xeito diferente á celebración que adoitamos facer na escola co gran desfile e os aplausos das familias; os disfraces foron variados e todos moi divertidos, tamén fixemos algunhas manualidades entroideiras na escola para levar para casa. 

Feliz Entroido a todos e todas! 🎊🎭🎭🎊

👉Voltamos ao cole o xoves 18

mércores, 10 de febreiro de 2021

POÑEMOS A MESA

 Esta mañá os nenos e nenas de 5 anos estiveron aprendendo como se colocaban os utensilios de comer ( a culler, o garfo, o vaso , o coitelo e o prato. Aproveitamos esta actividade para traballar a lateralidade, xa que tiñan que colocar cada utensilio á dereita ou esquerda do prato seguindo a orde axeitada. Resultou superdivertida.








martes, 9 de febreiro de 2021

INSTRUMENTOS MUSICAIS

 Os nenos e nenas de 4 e 5 anos elaboraron esta fin de semana uns instrumentos musicais moi creativos . Fixeron un gran traballo! Grazas familias pola vosa colaboración!