Na clase de 4 anos levamos un tempo traballando coa canción O abecedario de MAGIN BLANCO, e decidimos facer algunha actividade de lectoescritura en torno a ela, velaquí o resultado...
xoves, 25 de febreiro de 2021
mércores, 24 de febreiro de 2021
24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Hoxe conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro e os nenos e nenas de infantil participamos na actividade proposta polo E.D.L.G. aprendendo, escribindo e ilustrando uns versos do poema O arco dos soños.
sábado, 20 de febreiro de 2021
PROXECTO COCIÑA E ALIMENTOS
As e os máis peques do cole rematamos o proxecto de cociña e alimentos; ao longo destes meses aprendemos moito e divertímonos con diferentes actividades. Aquí vos deixamos un pequeno resumo dalgunhas das actividades que fixemos ao longo do proceso. Queremos agradecer ás familias a colaboración prestada nalgunhas das actividades, GRAZAS!😀
venres, 19 de febreiro de 2021
A PEQUEORQUESTA
Os nen@s de 3 anos confeccionaron instrumentos con envases de leite bebible e arroz. Unha vez decorados, tocaron e bailaron ao son das súas maracas.
sábado, 13 de febreiro de 2021
ENTROIDO 2021
Os nenos e nenas da Uceira quixemos festexar algo de entroido, aínda que fose dun xeito diferente á celebración que adoitamos facer na escola co gran desfile e os aplausos das familias; os disfraces foron variados e todos moi divertidos, tamén fixemos algunhas manualidades entroideiras na escola para levar para casa.
Feliz Entroido a todos e todas! 🎊🎭🎭🎊
👉Voltamos ao cole o xoves 18
mércores, 10 de febreiro de 2021
POÑEMOS A MESA
Esta mañá os nenos e nenas de 5 anos estiveron aprendendo como se colocaban os utensilios de comer ( a culler, o garfo, o vaso , o coitelo e o prato. Aproveitamos esta actividade para traballar a lateralidade, xa que tiñan que colocar cada utensilio á dereita ou esquerda do prato seguindo a orde axeitada. Resultou superdivertida.
martes, 9 de febreiro de 2021
INSTRUMENTOS MUSICAIS
mércores, 3 de febreiro de 2021
IMOS DE COMPRAS AO SUPERMERCADO
Na aula de 5 anos fixemos o recanto do supermercado. Cada nen@ desempeñaba un rol diferente, uns eran froiteiros, outros peixeiros, outro caixeiro... e así a modo de xogo foron coñecendo como se desenvolve a actividade nun súper. Foi divertidísimo!!1
venres, 29 de xaneiro de 2021
30 DE XANEIRO, DÍA MUNDIAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Mañá 30 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Paz e da Non Violencia; durante esta semana fixemos varias actividades; aproveitando que estamos a traballar cos alimentos fixemos pasta de sal, coa que modelamos un corazón branco para simbolizar o amor, o respecto e o cariño, sentimentos asociados polos nosos cativos e cativas á idea da paz.
Tamén cantamos e bailamos a canción "MÓVETE", a proposta dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e Actividades Extraescolares. Aquí deixamos as fotos da actividade e a canción para que a desfrutedes en familia.
ANIVERSARIOS MES DE XANEIRO
Hoxe festexamos os aniversarios do mes de Xaneiro, Moitos Parabéns a Alba da clase de 4, que é a maior do grupo e xa cumpriu os 5! 🎈🎈
venres, 22 de xaneiro de 2021
BINGO!!
Xogamos ao Bingo dos Alimentos: aprendemos vocabulario, traballamos a atención, a memoria e o traballo en equipo. Aprendemos e divertímonos!
martes, 19 de xaneiro de 2021
VEXO, ESCOITO, TOCO, CHEIRO E SABOREO...OS ALIMENTOS A TRAVÉS DOS SENTIDOS.
Nestes días traballamos os alimentos xogando cos cinco sentidos; Divertímonos e aprendemos experimentando cos olores, sabores, aspecto, tacto e son de diferentes tipos de alimentos.

















