martes, 5 de outubro de 2021

LISTAS DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/22 EDIFICIO UCEIRA


Podedes consultar  nas imaxes os materiais para cada nivel; as especificacións atoparédelas nas listas impresas que levan os nenos e nenas para casa. Se tedes dúbidas contactade coas titoras. Grazas!






xoves, 30 de setembro de 2021

NÚMEROS A TODA COR

 Retomamos os xogos coa mesa de luz, divertímonos xogando coas cores e  observamos os cambios que se producen nelas a través da luz. Con estas actividades desfrutamos, experimentamos e aprendemos!!






venres, 24 de setembro de 2021

ANIVERSARIOS DE AGOSTO E SETEMBRO


Chegando finais de setembro toca empezar a festexar os aniversarios no cole cos nosos compañeiros e compañeiras.
Neste mes temos dobre celebración os nenos e nenas que cumpren en agosto e setembro.
            
               PARABÉNS !!!!!!!!!!!








martes, 21 de setembro de 2021

PRIMEIROS DÍAS NA ESCOLA

 Os nenos e nenas de infantil xa levamos uns días a desfrutar do inicio deste novo curso escolar! As nenas e nenos de 4 e 5 compartimos vivencias e xogos, retomamos amizades e facemos outras novas. Para @s de 3 anos é o seu primeiro contacto co cole, todo é novo,  desfrutan  explorando o entorno e os xoguetes. Compartimos algunhas imaxes destes primeiros días, estamos encantad@s coa volta ao cole!💙😍

5 ANOS

4 ANOS
3 ANOS

3 ANOS
3 ANOS

3 ANOS


mércores, 15 de setembro de 2021

DÍAS DE PSICOMOTRICIDADE

 Ola familias,

 os días de 🏃PSICOMOTRICIDADE🏃 EN INFANTIL NA UCEIRA SON:

 3 ANOS: MARTES

4 ANOS: MARTES

5 ANOS: MÉRCORES

Lembrade que eses días os nenos e nenas terán que traer roupa e calzado deportivo.

venres, 3 de setembro de 2021

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE 3 ANOS

 Ola familias! xa estamos de volta no cole!😊 Achegamos INFORMACIÓN IMPORTANTE  PARA AS FAMILIAS DE 3 ANOS sobre a REUNIÓN DE PRINCIPIO DE CURSO que terá lugar coas titoras do grupo o vindeiro MARTES 7 DE SETEMBRO ÁS 12.00 H. 

Consultade a información completa sobre a reunión na seguinte imaxe: 



sábado, 19 de xuño de 2021

ANIVERSARIOS XUÑO E XULLO

Parabéns aos nosos nenos e nenas que están de cumple neste mes e no mes de xullo! Con eles festexamos os últimos aniversarios deste curso académico! 

PARABÉNS A TODOS E TODAS!!

🎈🎈🎉🎉🎈🎈


ANIVERSARIOS 3 ANOS

ANIVERSARIOS 4 ANOS

ANIVERSARIOS 5 ANOS


venres, 18 de xuño de 2021

PRESENTACIÓN DE DESPEDIDA DOS NEN@S DE 5 ANOS

Con esta presentación quero despedirme dos nen@s de 5 anos e das  familias ás que vos estou moi agradecida pola colaboración e cariño que sempre amosaste durante este curso. Grazas por todo e espero que vos guste. Un saúdo e bo verán.

CURSO 2018-2021 de chus

xoves, 17 de xuño de 2021

PEQUENOS PICASSOS


No cole estivemos a traballar un proxecto de pintura e para  rematar e demostrar o aprendido puxémonos mans " a obra".

Así de ben o pasamos e pintamos!!!!