venres, 20 de novembro de 2020

20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

 Hoxe conmemórase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. As nenas e nenos de 3, 4 e 5 anos  fixemos algunhas actividades e cantamos e bailamos a canción "Derechos de los niños".



xoves, 19 de novembro de 2020

DE ONDE VEÑEN OS ALIMENTOS?

Esta semana investigamos e aprendemos sobre a orixe dos alimentos; a través de vídeos, libros e folletos do súper aprendemos un pouco máis do que xa sabiamos sobre o asunto. Despois da búsqueda da información (e de non poucos debates😉😀) elaboramos os nosos traballos sobre o aprendido.











mércores, 18 de novembro de 2020

JUAN E AS FABAS MÁXICAS

 Hoxe coñecemos a historia de Juan e as fabas máxicas, un conto no que apareceron máis alimentos dos que chegaron misteriosamente á nosa aula! Xa só nos queda  saber de quen serán a fariña e os ovos!! 🔍Seguiremos investigando e aprendendo!😊



luns, 16 de novembro de 2020

TRABALLOS DO NÚMERO 4

 Na clase de 4 seguimos traballando e aprendendo co número 4: trazado, cantidade, descomposición, diferentes formas de representación,...








venres, 13 de novembro de 2020

MAGOSTO 2020

 Este ano tivemos que festexar un Magosto diferente, pero aínda con todo, desfrutamos e pasámolo moi ben durante toda a semana facendo xogos, manualidades e actividades variadas para conmemorar esta festa tan nosa. 🍁🌰🌰🍁

martes, 10 de novembro de 2020

PEQUENOS E PEQUENAS INVESTIGADOR@S

 Imos facendo avances nas nosas investigacións, xa descubrimos que outro dos alimentos que había  na cesta pertence ao conto "Riciños de Ouro e os 3 osos". 


Empezamos a traballar  co Libro Informativo do proxecto, e  preparamos os nosos carnés de investigadores e investigadoras profesionais para seguir aprendendo sobre o tema que nos ocupa: Cociña e Alimentos.🍝🍒🍫🍉







venres, 6 de novembro de 2020

UN PAN ESPECIAL

 Esta semana as nenas e nenos de 4 e 5 anos fixemos pan no cole... QUE RICO NOS QUEDOU!!! 😍🍞🍞


martes, 3 de novembro de 2020

ALIMENTACIÓN SAUDABLE


 Esta semana no cole tomamos un vaso de leite cos almorzos de media mañá (PROGRAMA ALIMÉNTATE BEN). Aproveitando que estamos traballando os alimentos e a cociña falamos dos beneficios nutricionais do leite e dos aportes que os produtos lácteos nos dan para crecer fortes e sans.

Deixámosvos o enlace ao programa por se queredes saber máis.

👉https://alimentateben.xunta.gal/gl/lacteos_na_escola/


3 anos

4 anos

5 anos


luns, 2 de novembro de 2020

FORMAMOS SÍLABAS E PALABRAS.

 Coa pizarra magnética os nen@s formaron palabras coas letras que fomos traballando na aula. 









sábado, 31 de outubro de 2020

SAMAIN 2020

 Compartimos a reportaxe das actividades e xogos en torno ó festexo do Samaín. 
Pasámolo terroríficamente ben!!👿👿👾👾

venres, 30 de outubro de 2020

ANIVERSARIOS OUTUBRO

 Este mes están de aniversario:

En 3 anos: Agustín e Xiana

En 5 anos. Simón, Teo, Laia e Lucas.

Este mes non hai aniversarios en 4 anos. Parabéns a tod@s

luns, 26 de outubro de 2020

ERNESTINA OTERO

 Esta mañá tivemos a visita dun ilustrador e un contacontos. Mentres o contacontos nos relataba a modo de conto a biografía dun mestra de Redondela, o ilustrador ía realizando unha caricatura de Ernestina Otero.

Ó rematar a historia, o ilustrador ensinou aos nen@s a facer unha caricatura de maneira moi sinxela e rápida. Foi super divertido e o resultado ESPECTACULAR!!!!