sábado, 15 de febreiro de 2020

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE


Os nen@s de 5 anos traballaron sobre o conto de "Crocodilo namorado". Contamos o conto, aprendemos a canción e falamos da importancia do amor e a amizade.




Tamén traballamos co conto de Peter Pan destacando a súa amizade con Wendy e Campanilla.


venres, 14 de febreiro de 2020

DÍA DOS NAMORADOS...E ISO, QUE É?

Ao longo desta semana, os mandilóns laranxas, estiveron a conversar moito sobre este día. 
Pero que é o AMOR?
Como, cando, onde, por que,..., se sente?
Ten cor?
Ademais disto, tamén celebramos o día da AMIZADE, tan importante desde o primeiro día que chegan á escola.
As respostas a todo isto foron moi variadas, e para aclarar todas as dúbidas e saber máis, axudámonos de varios contos. 
Denis trouxo un para compartir con todos nós:"La ovejita que vino a cenar" (amizade) e outro da biblioteca do centro: "Los tentáculos de Blef" (amor).

Aproveitamos para falar dos amigos (xogar, rir, compartir, axudar, ...,), que no cole son moitos, e démonos moitas apertas e agarimos.
Tamén fixemos algúns traballiños de ficha...



 Como a palabra amizade ten sete letras, na asemblea de hoxe, fixemos entre todos, o sol do número sete.
 E para rematar este día, Adriana, deunos a todos unha gran sorpresa...
O seu nome completo é Adriana Valentina, polo que hoxe era o seu día, e quixo compartir cos seus compañeiros e profes un rico biscoito.
Moitas grazas e PARABÉNS!

GRAFISMOS NA CLASE DE 3 ANOS

Exercitamos o control do trazo de xeito libre e creativo; esta actividade coa que disfrutamos tanto axúdanos a traballar a motricidade fina e os elementos que a integran, ademais resúltanos divertida e relaxante. Aquí vos deixamos as fotos do noso primeiro contacto co grafismo creativo!



xoves, 13 de febreiro de 2020

VIXITA AO DESERTO

Os nen@s de 5 anos iniciaron unha viaxe imaxinaria ao deserto, despois plasmaron a experiencia a través de debuxos . Quedaron preciosos.

mércores, 12 de febreiro de 2020

VISITA DE ANXO MOURE

Hoxe visitounos Anxo Moure e  tróuxonos historias das árbores, dos ríos, dos montes, da natureza...Cos seus contos xogamos  a converternos nas árbores que poboan os nosos montes, a escoitar os sons e o amor da natureza nos nosos corazóns. Escoitamos, emocionámonos, cantamos e bailamos co son das súas cantigas e ao ritmo da súa pandeireta. Que ben o pasamosl!!

SERIES LÓXICAS

@s máis peques seguimos traballando as series lóxicas con diferentes elementos, e cada vez nos resulta máis doado. Esta actividade axúdanos a interiorizar a  estruturación espazo-temporal, os criterios de ordenación e secuencias. 






luns, 10 de febreiro de 2020

A LÚA

Decoramos a lúa con anacos de papel de prata, puxemos as estrelas no ceo e aprendemos a canción "Lúa" (María Fumaça, Xiqui Xoque, Fiu Fiu). Aquí vos deixamos as fotos e o vídeo coa canción. 




venres, 7 de febreiro de 2020

O PRÍNCIPE "E"

Estes días, os mandilóns laranxas andan a voltas coa última vogal que lles quedaba por coñecer: o "e".
Aprenderon o seu trazo...
Coñeceron a súa historia en Letrilandia (príncipe e) e debuxárono.
E con témpera marrón e un garfo puxéronlle as pugas ao "erizo" que aparece no conto deste traveso personaxe...


A RATIÑA PRESUMIDA

Traballamos o conto "A ratiña presumida" coa profe Gloria; Despois de contar o conto e dramatizalo entre tod@s, decoramos o seu vestido.


xoves, 6 de febreiro de 2020

CONSTRUÍMOS O NOSO NOME

Seguimos aprendendo os nosos nomes, nesta ocasión ímolo construíndo e descubrindo que as letras teñen unha orde determinada para formalos. Encantáronnos estas tarxetas dos nomes, aprendemos e divertímonos.




mércores, 5 de febreiro de 2020

PICOTÍ PICOTÁ, AI QUE RICO COCORICO


Nas últimas semanas coñecemos a Cocorico🐤, un pitiño pequerrecho un tanto despistado e olvidadizo que ten un pequeno problema co Gato Pelado...Descubrimos un conto que nos gustou moito, xogamos cos personaxes, aprendemos a canción e pintamos a Cocorico. 
Velaquí o resultado.
 Fai click na imaxe para ver o video
Fai click na imaxe para ver o video


luns, 3 de febreiro de 2020

DEBUXO LIBRE

@s máis peques do cole disfrutamos debuxando,  encántanos  dar liberdade a nosa imaxinación! Velaquí o resultado dunha sesión de debuxo libre.