venres, 14 de febreiro de 2020

DÍA DOS NAMORADOS...E ISO, QUE É?

Ao longo desta semana, os mandilóns laranxas, estiveron a conversar moito sobre este día. 
Pero que é o AMOR?
Como, cando, onde, por que,..., se sente?
Ten cor?
Ademais disto, tamén celebramos o día da AMIZADE, tan importante desde o primeiro día que chegan á escola.
As respostas a todo isto foron moi variadas, e para aclarar todas as dúbidas e saber máis, axudámonos de varios contos. 
Denis trouxo un para compartir con todos nós:"La ovejita que vino a cenar" (amizade) e outro da biblioteca do centro: "Los tentáculos de Blef" (amor).

Aproveitamos para falar dos amigos (xogar, rir, compartir, axudar, ...,), que no cole son moitos, e démonos moitas apertas e agarimos.
Tamén fixemos algúns traballiños de ficha...



 Como a palabra amizade ten sete letras, na asemblea de hoxe, fixemos entre todos, o sol do número sete.
 E para rematar este día, Adriana, deunos a todos unha gran sorpresa...
O seu nome completo é Adriana Valentina, polo que hoxe era o seu día, e quixo compartir cos seus compañeiros e profes un rico biscoito.
Moitas grazas e PARABÉNS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario