Para fomentar a igualdade entre nenos e nenas , contamos coa colaboración dunha educadora social que lles preparou aos rapaces unha serie de actividades coma contos, debuxos, cancións... que trataban sobre a temática da igualdade de xénero.
de de xénero.
xoves, 30 de maio de 2019
mércores, 22 de maio de 2019
ACTUACIÓN MARÍA DO CEO
Esta mañá, no Auditorio do Concello, asitimos á actuación da artista portuguesa María do Ceo que nos deleitou cunhas fermosas cancións para nen@s.
sábado, 18 de maio de 2019
EXCURSIÓN FIN DE CURSO
O pasado venres, 10 de maio, os nen@s de Educación Infantil dos tres edificios do centro fomos de excursión a FervenzAventura, un centro de actividades na natureza, en Silleda.
Foi unha xornada diferente na que os peques o pasaron fenomenal!
Velaí un pequeno resumo do día...
PREPARADOS PARA A VIAXE!
REPOÑEMOS FORZAS CO XANTAR
FERVENZAVENTURA
DE VOLTA PARA O CARBALLIÑO...
xoves, 16 de maio de 2019
LETRAS GALEGAS 2019
Hoxe día 16 de maio, celebramos no colexio o día das Letras Galegas. Fixemos un correlingua polo patio do cole portando o mural que previamente fixeron os nen@s coa axuda das profes.
Unha vez colocados no patio, os rapaces de mandilón vermello recitaron unhas breves poesías.
E xa para rematar o acto cantamos e bailamos a canción de Uxía Lambona "Pousa". Foi un acto moi divertido.
mércores, 15 de maio de 2019
ANTÓN FRAGUAS
Ao longo desta semana, nas tres aulas estanse a facer traballos e actividades relacionadas co autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Antón Fraguas.
Na aula de 4 anos fixeron estes magníficos retratos do escritor.
martes, 14 de maio de 2019
xoves, 9 de maio de 2019
DÍA DE EUROPA
Hoxe, día 9 de maio tocaba falar no cole de Europa.
Pero que é Europa?
Ante esta pregunta tivemos respostas para todo... sobre todo na aula de 3 anos.
Falamos e falamos, e aproveitamos para ver o libro viaxeiro que este curso elaboramos no centro entre todos, a proposta do equipo de biblioteca: "UNHA VIAXE POR EUROPA".
Finalmente, todos fixemos un pequeno traballo sobre o papel.
mércores, 1 de maio de 2019
UN NIÑO SEN PAXARIÑO
Os nen@s da aula de 3 anos comezaron a semana cunha gran sorpresa!
A profe atopou, preto da súa casa, un niño no chan que aínda tiña dentro un oviño. Os outros deberon de romper ao caer da árbore onde debía de estar.
Os peques estaban algo abraiados..., e na asemblea aproveitamos para falar do tema: que ben feito estaba, a súa forma, con que materiais o fixo, sería dun paxaro grande ou pequeno?, como era o ovo e que ía pasar agora con el, ...
Quedaron algo tristes porque o paxariño quedara sen o seu niño e oviños.
Despois de falar moito e manipular o niño e o ovo, con moito coidadiño, decidimos facer con ceras e un trazo libre cadanseu niño. Despois picamos un paxariño en cartolina.
Finalmente, para que o paxariño estivese moi contento, con témpera e esponxa puxémoslle tres ovos no niño, aproveitando que é o número que estamos a traballar estes días.
Este foi o resultado final.
Que ben o fixeron!
Nos vindeiros días o niño pasará polas aulas de 4 e 5 anos.
A ver con que nos sorprenden!
luns, 29 de abril de 2019
OS ROBOTS DA AULA DE 3 ANOS
Na aula dos nen@s do mandilón laranxa construíron o seu propio robot, sobre o papel, empregando as formas xeométricas básicas.
Que chulis lles quedaron!
venres, 26 de abril de 2019
ANIVERSARIOS MES DE ABRIL
Este mes están de aniversario:
En 3 anos: Gabriela, Izan, Martina e Gorka.
martes, 23 de abril de 2019
DÍA DO LIBRO
Hoxe nas tres aulas traballamos o día do libro con varias actividades.
Explicámoslles por que é o día 23 de abril e quen foi Cervantes. Escoitaron un pouco da historia e aventuras de Don Quixote e Sancho e logo fixeron debuxos despois de ver un pequeno vídeo sobre o conto. Cadaquén deixou voar a súa imaxinación... e quedaron xeniais!!
Tamén escribiron adiviñas e falamos sobre eses contos infantís de sempre que tanto lles gustan: A Carapuchiña Vermella, Os Tres Porquiños, A Ratiña Presumida, ...
sábado, 13 de abril de 2019
HAPPY EASTER
O equipo de Plurilingüismo este ano organizou unha actividade "A búsqueda do ovo de Pascua". Os nenos e nenas de infantil fixeron unhas cestas para levar o ovo de Pacua. Pola contra, os rapaces de 6º de primaria confeccionaron unhas tarxetas para un nen@ de infantil que lle foi asignado previamente e do que se encargará para lle axudar a buscar os ovos que previamente foron agochados no ximnasio polos membros do equipo de Plurilingüismo. Esta actividade resultou moi entretenida tanto para os maiores coma para os máis pequerrechos. Pasárono xenial.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








































