mércores, 20 de marzo de 2013

martes, 19 de marzo de 2013

VAI CHEGANDO A PRIMAVERA

Os nenos e nenas de 4 anos preparan fermosas flores
para despedir este longo inverno e recibir á primavera.






luns, 18 de marzo de 2013

A NOSA OBRA DE ARTE

"Natureza morta con peras e mazás"
Paul Cèzanne
Esta é a obra que os peques de 3 anos
interpretaron "pintando" con plastilina.

O proceso...
O resultado...






venres, 15 de marzo de 2013

mércores, 13 de marzo de 2013

XOGAMOS COAS REGRETAS

Quen dixo que os nen@s de infantil non saben sumar?
Esta mañá os da clase de 4 anos xogaron coas regretas para facer sumas.



Exposición fotos antigas

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares propuxo a realización dunha exposición de fotos antigas. Para facela cada nen@ podía traer da súa casa ata 2 fotos en branco e negro, canto máis vellas mellor. Desde aquí querémoslle dar as grazas a todas as familias pola súa colaboración. Entre todas as fotos recollidas ata o de agora hai unha especial: a foto da inaguración do primeiro edificio do noso centro durante a época da República. Cando rematen de colocalas veredes que hai auténticas reliquias doutros tempos.

martes, 12 de marzo de 2013

DOÑA CARMEN

Hoxe na aula de 3 anos
traballamos un conto acumulativo moi divertido.

Logo representámolo dun xeito moi orixinal...

E para rematar decoramos
a "colcha" da cama de Dona Carmen

POÑENDO A MESA