martes, 3 de maio de 2011

Festividade dos maios

O 3 de maio celébrase en Ourense a festividade dos maios, e nos no colexio celebrámolo cunha serie de actividades.
 


Os Maios

Un traballo feito por:
Iria de 5ºB

"Os maios" é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur; no norte son de destacar os que se celebran en Pontedeume e Viveiro.
Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos; a data de celebración vai desde abril ata mediados de maio.
Maios
Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio".
Hoxe en día, ademais da forma tradicional, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc...
Maio con flores e ovos
Muralla feita cos ramos
Outro orixinal deseño
Remate doutro maio
Algunhas das cantigas eran:
Escoiten nosos señores
o que lles imos cantar:
as copras que tran "Os maios"
floridos hastra namáis.
Estén todos moi atentos
que imos escomenzar,
deprendan o que cantamos
axúdennos ó acabar.
Cantar, cantarlle ó "maio" florido.
Cantar, cantarlle unha vez máis.
Cantar, cantarlle ó "maio" garrido.
Cantar, cantarlle así sen parar.
Maio da Mariña
Xa chegou o "Maio"
florido e galán.
Chegou tra-lo inverno
e antes do verán.

Baixou dende o cumio
do castelo antergo.
ata o val do Eume
doce e señoreiro.

"Maio" rameiro:
bicou as campiñas
i en cada bicada
naceron floriñas.
"Maio" amarigoso
bicou as cerdeiras
e ahí tede-las froitas
máis ricas da terra.

Xa chegou o "Maio"
da nosa mariña
"Maio" namorado
do mar e da andoriña.

Chegou dende lonxe
acollédeo ben
nesta noble vila
de Galicia "edén".
Volta ó índice Volta ó índice

Despois de recoller flores no campo, no colexio fixemos varios traballos con elas.
 

luns, 2 de maio de 2011

Préstamo de contos

Para conmerorar o día do libro, o venres cada nen@ levou cadanseu conto para lelo coa familia. Esta mañá todos os nen@s comentaron o conto, se lles gustou, quen llo leu...
Aquí tendes varios do contos lidos  polos nen@s do cole.

venres, 29 de abril de 2011

Aniversarios do mes de abril

Coma todos os últimos venres de mes celebramos os aniversarios dos nen@s que cumpriron nese mes. Hoxe celebramos o aniversario dos nen@s que cumpriron en Abril.

En 3 anos foi o cumple de Dani



En 4 an@s estaban de aniversario Paola e Minerva.

En 5 an@s era o aniversario de Sheila.

xoves, 28 de abril de 2011

CROCODILO NAMORADO

Para conmemorar o día do libro, no colexio contámoslle a todos os nenos o conto dun crocodilo namorado dunha xirafa. Previamente ensinámoslles aos nen@s como deben teñen que coidar os libros. Ao rematar o conto fixeron un debuxo do que máis lles gustou.
Crocodilo namorado



Os de tres anos fixeron un marcapáxinas.











Os de catro anos fixeron unha portada dun conto co seu debuxo.












Os de cinco anos escribiron o título do conto e tamén fixeron o debuxo de crocodilo e xirafa.

martes, 26 de abril de 2011

Día 23 de abril, día do libro

O día 23 de abril foi elexido coma día do libro aproveitando que esta data coincide coa morte de Miguel de Cervantes e de William Shakespeare. Con esta celebración preténdese fomertar a cultura a toda a sociedade.
Este ano o 23 de abril coincidiu nun periodo non lectivo, por iso no colexio o celebramos á volta das vacacións de Semana Santa.