Un traballo feito por: Iria de 5ºB |
"Os maios" é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur; no norte son de destacar os que se celebran en Pontedeume e Viveiro. Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos; a data de celebración vai desde abril ata mediados de maio. | ![]() |
Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio". Hoxe en día, ademais da forma tradicional, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc... |
![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
Escoiten nosos señores o que lles imos cantar: as copras que tran "Os maios" floridos hastra namáis. | Estén todos moi atentos que imos escomenzar, deprendan o que cantamos axúdennos ó acabar. |
Cantar, cantarlle ó "maio" florido. Cantar, cantarlle unha vez máis. Cantar, cantarlle ó "maio" garrido. Cantar, cantarlle así sen parar. |
Xa chegou o "Maio" florido e galán. Chegou tra-lo inverno e antes do verán. Baixou dende o cumio do castelo antergo. ata o val do Eume doce e señoreiro. "Maio" rameiro: bicou as campiñas i en cada bicada naceron floriñas. | "Maio" amarigoso bicou as cerdeiras e ahí tede-las froitas máis ricas da terra. Xa chegou o "Maio" da nosa mariña "Maio" namorado do mar e da andoriña. Chegou dende lonxe acollédeo ben nesta noble vila de Galicia "edén". |
Despois de recoller flores no campo, no colexio fixemos varios traballos con elas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario