domingo, 24 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

Conmemoramos o Día do Libro a partir dunha actividade proposta polo Equipo da Biblioteca do Cole.
Traballamos nas aulas coa profe Conchi V. o conto "A nai da nai da miña mamá" e propúxose que viñera algún pai ou nai acompañado de bisavó/a, avó/avoa, a contar un conto aos peques no cole.
Foi unha xornada moi divertida.
A nai de Rubén e Diego veu acompañada da súa nai que nos contou o conto de "Sapo tiene miedo"
Encina de 3 anos ensinounos unha foto na que etaba a súa bisavoa, a súa avoa, a súa nai e a súa irmá Erea.
A avoa de Izan de 4 anos contounos a súa particular versión do conto de "Garbancito".
O pai de Gabriel de 3 anos veu coa súa nai que nos contou un fermoso conto inventado poe ela que nos deixou a todos abraiados.
A avoa de Lena de 5 anos, sentadiña no chan coma nós, contounos o conto de "Garbancito".
Graciñas pola vosa colaboración.








Ningún comentario:

Publicar un comentario