venres, 31 de maio de 2013

EXCURSIÓN AO GROVE

O xoves, 30 de maio, os nenos e nenas dos edificios Calvo Sotelo e Uceira, fomos de excursión ao Grove.
Montamos en barco, comemos no Monte Siradella e visitamos o Acuario.
Rematamos o día cun "reconfortante" xeado que fixo as delicias de tod@s os peques.
SAÍDA E VIAXE


NO BARCO
Fomos en barco pola Ría de Arousa.  
Alí recibíronnnos con música e... ata bailamos!
Coñecemos o que é unha "batea",vimos os peixes no fondo do mar e ata dous peques, Judith e Anxo, "pilotaron" o barco.
Rematamos a viaxe dándolle de comer as gaivotas.
COMIDA
Fixemos unha comida "campestre" no Monte Siradella.
ACUARIO
Visitamos o Acuario e coñecemos moitas cousas do fondo do mar
que nos explicaron as guías.
A estrela do acuario foi a enorme "Tiburona Xoana".

   O REGRESO
UN GRAN EQUIPO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario