xoves, 12 de marzo de 2020

AURORA BOREAL

Na clase de 4 anos están a aprender moitas cousas sobre o Polo Norte, de donde é a súa mascota, "PATOCA".
Hoxe tocoulle ás fermosas e espectaculares auroras boreais que se poden ver pola noite no seu ceo.
Visionamos algún vídeo para poder comprender mellor este fenómeno natural, e logo fixemos o traballo da ficha na que tiñan que mesturar algunhas cores.



martes, 10 de marzo de 2020

XOGANDO E APRENDENDO

Na clase de 3 anos seguimos ás voltas cos nosos nomes; con diferentes xogos e actividades progresamos nas nosas aprendizaxes!







luns, 9 de marzo de 2020

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe no cole conmemoramos con diferentes actividades o Día Internacional da Muller; a través de contos, conversas e xogos puxemos de manifesto o obxectivo desta celebración  e a importancia que ten que @s nos@s cativ@s medren e aprendan  en igualdade. 💜👩💜









venres, 6 de marzo de 2020

POR QUE ME CHAMO ASÍ?

Pedimos axuda na casa para  saber a orixe dos nosos nomes e contarllo @s nos@s compañeir@s no cole. Gracias familias pola vosa colaboración!!





xoves, 5 de marzo de 2020

VENECIA

Xa hai uns días que os mandilóns laranxas, coa profe Gloria, remataron un pequeno proxecto sobre Venecia.
Aprenderon moitas cousas e só nos faltaba facer a obra de arte.
Velaí o bonitas que quedaron...



mércores, 4 de marzo de 2020

CANTAS LETRAS TEN O MEU NOME?

@s máis peques observamos e comparamos os nosos nomes,  contamos cantas letras temos, buscamos o número que representa esa cantidade  e facemos a equivalencia con gomets.




martes, 3 de marzo de 2020

O LOBO E A LÚA

O luns saímos ao teatro a ver a obra "O lobo e a lúa", unha historia divertida e peculiar que nos fixo rir moito. 
 Velaquí a reportaxe da nosa aventura.

luns, 2 de marzo de 2020

ORDENAMOS AS LETRAS PARA FACER O NOME

Xa levamos unhas semanas xogando e aprendendo cousas sobre os nosos nomes: número de letras, por cal empeza cada un, como hai que ordenalas para compoñelos,...Despois de practicar coas tarxetas plasmamos os nosos avances nunha ficha.




sábado, 29 de febreiro de 2020

ANIVERSARIOS DE FEBREIRO

Este mes están de aniversario:
En 3 anos: Sabela ,  Xabier e Gabriel.


En 4 anos Chantal e Carlos.

En 5 anos Marta e Javier (este neno está enfermo polo que llo celebraremos cos nen@s que cumplan no mes de marzo.

PARABÉNS A TODOS.

venres, 21 de febreiro de 2020

DESFILE DE ENTROIDO 2020

Chegou o día!!! Que nerviossss!! Hoxe festexamos por todo o alto o Desfile de Entroido 2020 no cole. Foi unha xornada divertida para tod@s. Cos nosos traxes de Peter Pan e  Campanilla, e o resto de personaxes caracterizados polas mestras, puxemos en escena este filme tan representativo de Disney ao ritmo da "Marcha del 1,2,3". Todo saíu xenial e pasámolo requeteben!! Agora toca descansar e disfrutar destes días de entroido coa familia. 
Vémonos de volta  o xoves 27 de febreiro!