luns, 10 de febreiro de 2020

A LÚA

Decoramos a lúa con anacos de papel de prata, puxemos as estrelas no ceo e aprendemos a canción "Lúa" (María Fumaça, Xiqui Xoque, Fiu Fiu). Aquí vos deixamos as fotos e o vídeo coa canción. 




venres, 7 de febreiro de 2020

O PRÍNCIPE "E"

Estes días, os mandilóns laranxas andan a voltas coa última vogal que lles quedaba por coñecer: o "e".
Aprenderon o seu trazo...
Coñeceron a súa historia en Letrilandia (príncipe e) e debuxárono.
E con témpera marrón e un garfo puxéronlle as pugas ao "erizo" que aparece no conto deste traveso personaxe...


A RATIÑA PRESUMIDA

Traballamos o conto "A ratiña presumida" coa profe Gloria; Despois de contar o conto e dramatizalo entre tod@s, decoramos o seu vestido.


xoves, 6 de febreiro de 2020

CONSTRUÍMOS O NOSO NOME

Seguimos aprendendo os nosos nomes, nesta ocasión ímolo construíndo e descubrindo que as letras teñen unha orde determinada para formalos. Encantáronnos estas tarxetas dos nomes, aprendemos e divertímonos.




mércores, 5 de febreiro de 2020

PICOTÍ PICOTÁ, AI QUE RICO COCORICO


Nas últimas semanas coñecemos a Cocorico🐤, un pitiño pequerrecho un tanto despistado e olvidadizo que ten un pequeno problema co Gato Pelado...Descubrimos un conto que nos gustou moito, xogamos cos personaxes, aprendemos a canción e pintamos a Cocorico. 
Velaquí o resultado.
 Fai click na imaxe para ver o video
Fai click na imaxe para ver o video


luns, 3 de febreiro de 2020

DEBUXO LIBRE

@s máis peques do cole disfrutamos debuxando,  encántanos  dar liberdade a nosa imaxinación! Velaquí o resultado dunha sesión de debuxo libre.


venres, 31 de xaneiro de 2020

ANIVERSARIOS XANEIRO

Hoxe festexamos os aniversarios d@s nen@s que cumplen anos este mes, os máis maiores de cada aula!! Na clase de 4 non estaba de aniversario ningún neno/a, pero tiveron festa igualmente xa que a profe estivo de cumple nestes días!!
 🎉🎉PARABÉNS A TOD@S!!!🎉🎉



xoves, 30 de xaneiro de 2020

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2020

Hoxe, 30 de xaneiro,  celabramos o Día Escolar da non violencia e da Paz; ao longo dos últimos días preparamos esta conmemoración con diferentes actividades nas aulas, e hoxe todos xuntos cantamos a canción "Vivan las manos de colores". Aquí vos deixamos as fotos das actividades e o enlace da canción traballada. (Fai click no enlace para ver a canción).











mércores, 29 de xaneiro de 2020

SEMANA DA FROITA

Este curso participamos no "Programa Escolar de Consumo de Froitas, Hortalizas e Leite" da Unión Europea, así que ao longo desta semana os nen@s comeron moita froita.

Plátanos, peras, mazás,..., e mañá?
MANDARINAS

martes, 28 de xaneiro de 2020

OS NOSOS NOMES

Neste trimestre iniciamos o traballo cos nosos nomes, un xeito divertido e motivante de  ir coñecendo o alfabeto. 
O primeiro paso é identificar cada un/unha o noso propio nome, despois iremos coñecendo o do resto de compañeir@s. Faremos múltiples actividades e seguiremos compartindo convosco algunhas delas. Divertímonos e aprendemos!


luns, 27 de xaneiro de 2020

SERIES LÓXICAS

Seguimos xogando e aprendendo; facemos seriacións construíndo torres e axudámoslle a Popeta a completar as series da ficha.

venres, 24 de xaneiro de 2020

O CADRADO

@s máis peques do cole seguimos avanzando nas nosas aprendizaxes!! Empezamos a traballar co cadrado.