martes, 19 de novembro de 2019
luns, 18 de novembro de 2019
EXPRESIÓN PLÁSTICA
Pouco a pouco ímos ampliando as actividades que facemos na clase de 3 anos, nalgunhas das actividades de expresión plástica que levamos feito ao longo deste mes empregamos diferentes técnicas e materiais. Experimentamos, disfrutamos e aprendemos. Aquí vos deixamos as nosas obras de arte.🎨
xoves, 14 de novembro de 2019
O CORAZÓN
Estes días, na aula de 4 anos, estiveron a aprender moitas cousas sobre o órgano interno máis importante do noso corpo.
O CORAZÓN
MODELAMOS O NÚMERO 1
mércores, 13 de novembro de 2019
MAGOSTO 2019
Xa temos lista a reportaxe da festa do Magosto! Comemos os boliños de pan con chourizo, as castañas asadas e despois divertímonos cos xogos populares que adoitamos facer nesta celebración. Pasámolo xenial!
luns, 11 de novembro de 2019
TRABALLOS DO MAGOSTO
Ao longo destes días traballamos a festa do magosto con diferentes actividades, utilizando en moitas delas castañas.
Velaí algunhas delas!
venres, 8 de novembro de 2019
PREPARÁMONOS PARA O MAGOSTO
Para @s máis peques de Infantil está por chegar o
noso primeiro Magosto no cole, estamos moi emocionad@s con esta celebración!! Esta
semana fixemos algunhas actividades e xogos relacionados coas castañas. Xa temos todo a punto para disfrutar da festa e compartir esta nova
experiencia co resto de compis do cole.🍁🌰🌰🍂
xoves, 7 de novembro de 2019
DONA CASTAÑA
Como se aproxima a celebración do magosto, os nen@s da aula de 4 anos estiveron a preparar á protagonista desta festa:
DONA CASTAÑA.
Mirade que feitiña lles quedou!
mércores, 6 de novembro de 2019
SERIES
Na aula dos mandilóns laranxas están a traballar as series.
Manipulando e observando é como mellor aprenden, por iso, estes días empregando diferentes materiais fixemos moreas de series diferentes.
Tamén empregamos algúns froitos do outono.
martes, 5 de novembro de 2019
xoves, 31 de outubro de 2019
SAMAIN 2019
Ao longo dos últimos días fixemos diferentes actividades en torno ás festividades de Samaín e Halloween. Queremos compartir convosco unha pequena reportaxe que resume os nosos traballos destes días, aprendemos moito e PASÁMOLO DE MEDO!!!! 🎃🎃
Moitas gracias ás familias pola colaboración na actividade proposta polo Equipo de Plurilingüísmo, fixestes uns traballos espectaculares!
Desexámosvos que pasedes uns días terroríficamente divertidos!! Ata o luns!
luns, 28 de outubro de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















































